Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: José González e Zeltia Lado presentan EMi ás empresas galegas de traballo temporal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

José González e Zeltia Lado presentan EMi ás empresas galegas de traballo temporal

S. P.
Publicado: 04/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20241204conselleiroreunionetts1c.jpgO conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, mantivo este 4 de decembro unha reunión coas empresas de traballo temporal máis representativas de Galicia para presentar a ferramenta EMi, que está dispoñible nas 54 oficinas de emprego galegas e casa oferta e demanda laboral co apoio da Intelixencia Artificial.
González defendeu a necesidade “da colaboración público-privada para seguir avanzando” e “converter o Servizo Público de Emprego no gran nodo de empregabilidade de Galicia”.
O obxectivo deste encontro, subliñou, é que “estas empresas coñezan as potencialidades de EMi, un software pioneiro, recoñecido pola Comisión Europea no marco dos Premios aos mellores casos do Observatorio de Vixilancia Tecnolóxica do Sector Público”. Sinaloiu que EMi é de grande utilidade para as empresas e as persoas traballadoras “pois contribúe a atender a demanda de man de obra e, de xeito paralelo, favorece a competitividade do tecido empresarial e a xeración de emprego de calidade”. De feito, con esta ferramenta, Galicia prevé realizar o perfilado competencial de máis de 70.000 persoas nun ano.
José González salientou o papel das empresas de traballo temporal na selección de talento segundo as realidades dos distintos sectores, “de aí a importancia de avanzar con todos os axentes implicados para potenciar a eficacia das políticas activas de emprego, unha cuestión, subliñou, na que é necesaria a colaboración do Goberno central”.
Esta xuntanza súmase á realizada en xullo co Executivo estatal e á de outubro con responsables de formación para o emprego de distintas comunidades autónomas, así como á celebrada recentemente en Madrid con distintos representantes autonómicos desa comunidade e de distintos sectores para darlle a coñecer as potencialidades de EMi. “Trátase de encontros”, salientou o conselleiro, “que se enmarcan na vontade de Galicia de difundir as boas prácticas e accións que desenvolve o Goberno galego para potenciar a empregabilidade da cidadanía e a competitividade do tecido produtivo da comunidade”.
Nesta liña, a Xunta seguirá dando pulo ao software EMi no 2025 desenvolvendo novas medidas cun investimento de 1 millón de euros, entre elas unha aplicación móbil para que as persoas poidan autoavaliar as súas competencias profesionais. Ademais, dixo, avanzarase nas obras de mellora na rede de oficinas de emprego cun investimento de 1,6 millóns de euros o ano que vén e reforzarase o programa de seguimento intensivo da demanda de emprego para garantir que nas listas figuren exclusivamente as persoas que realmente queren traballar, a través dun acordo de actividade que se introducirá nos vindeiros días.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?