Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica Tech e Denodo alíanse para transformar a xestión dos datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica Tech e Denodo alíanse para transformar a xestión dos datos

S. P.
Publicado: 04/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O galego Ángel Viña, director executivo (CEO) de Denodo
O galego Ángel Viña, director executivo (CEO) de Denodo
Telefónica Tech aliouse con Denodo, empresa galega referente en xestión de datos con máis de 25 anos de traxectoria e presenza en máis de 30 países, para impulsar en España a transformación da xestión dos datos no tecido empresarial a través de Denodo Platform, unha solución que tira proveito da virtualización de datos para integrar, xestionar e entregar a información procedente de múltiples fontes “dunha forma lóxica” e “axudar así ás organizacións para tomar mellores decisións de negocio”.
A ferramenta, incorporada ao catálogo de produtos de análise de datos a gran escala (Big Data) de Telefónica Tech a raíz deste acordo, proporciona os datos en tempo real facendo que estes sexan accesibles e seguros para todos os usuarios e aplicacións empresariais.
En palabras de Telefónica, “o uso desta plataforma permite que os usuarios poidan acceder de maneira inmediata e sinxela aos datos que precisan, de xeito gobernado e sen preocuparse de onde están aloxados, como están formatados ou con que rapidez cambian”. Así mesmo, facilita a analítica como autoservizo, a ciencia de datos, a integración de datos híbridos/multi-nube e os servizos de datos empresariais.
O acordo entre ambas as compañías para promover unha xestión máis eficiente e segura dos datos en España a través do uso de Denodo Platform “acelerará a activación real de proxectos de análise avanzada e IA xenerativa nas organizacións” e a “obtención de perspectivas máis completas e en tempo real dos seus datos con independencia de onde estes residan”, engadiu a operadora española.
Carlos Martínez, director global de solucións e servizos de Intelixencia Artificial e Data en Telefónica Tech, explica: “A nosa alianza estratéxica con Denodo marca un fito na nosa misión de ofrecer solucións de datos e IA de vangarda. A plataforma de xestión lóxica de datos de Denodo, combinada coa nosa experiencia en Big Data e Intelixencia Artificial, permitiranos proporcionar aos nosos clientes unha xestión de datos máis áxil, segura e eficiente. Xuntos estamos a achandar o camiño para unha nova era de innovación baseada en datos que impulsará a transformación dixital e o crecemento empresarial”.
Bernardo Godar, vicepresidente e director xeneral de Denodo para Iberia e Latinoamérica, asegura: “En Denodo estamos moi orgullosos de colaborar cunha compañía como Telefónica Tech. Con Denodo Platform, poñemos ao dispor das empresas un enfoque de integración de datos lóxico que posibilita a creación de produtos un 60% máis barato e un 80% máis rápido que cos métodos máis tradicionais como ETL e é unha opción operativa para gobernar os datos, facilitando o acceso controlado, a axeitada xestión da privacidade e a incorporación da dimensión financeira na xestión”. E engade: “A nosa alianza permitirá acelerar a adopción de tecnoloxías avanzadas como a análise de datos e a IA xenerativa, fomentar a innovación en data science, e lograr unha optimización da xestión de datos a nivel corporativo. Así, as empresas españolas obterán unha vantaxe competitiva única nun mercado cada vez máis esixente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?