Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha adaptación para a cesta da compra e unha aplicación para previr a atrofia muscular, premiados no CITIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha adaptación para a cesta da compra e unha aplicación para previr a atrofia muscular, premiados no CITIC

S. P.
Publicado: 04/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

encontro_europeo_citic_premiados.jpgNa xornada deste mércores 4 de decembro concluíu a competición europea organizada no CITIC, coa entrega de premios ás mellores solucións tecnolóxicas para a inclusión de persoas con discapacidade. O primeiro premio foi para o equipo Muscle Guardians, que presentou unha innovadora aplicación personalizada para previr a atrofia muscular, adaptando os exercicios ás características individuais do usuario e permitindo unha rehabilitación máis efectiva.
O segundo premio foi outorgado ao grupo 3D Makers-Ripers, pola súa serie de solucións accesibles, entre elas unha adaptación para a cesta da compra deseñada para persoas en cadeira de rodas, que mellora a autonomía nas compras cotiás, ademais dun abrelatas accesible para persoas cunha soa man e un soporte para paraugas para facilitar o seu uso en cadeira de rodas.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu entre o 2 e o 4 de decembro o em>hackaton europeo que reuniu a equipos de traballo multidisciplinarios para desenvolver solucións innovadoras que melloren a calidade de vida das persoas con discapacidade. Organizado polo CITIC coa colaboración a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), este evento contou coa participación de entidades internacionais como Vilniaus Kolegija (Lituania), Creative District (Bélxica) e Technicka Univerzita v Kosiciach (Eslovaquia). Durante tres xornadas as persoas participantes traballaron en equipo para abordar desafíos prácticos relacionados coas necesidades diarias das persoas con discapacidade. Estes retos, identificados por estas mesmas persoas en colaboración cos socios europeos e as entidades colaboradoras, inclúen a creación de ferramentas e dispositivos que promovan a independencia e a inclusión, como adaptacións para persoas usuarias de cadeiras de rodas, un abrelatas multifuncional que poida manexarse cun só brazo, e solucións tecnolóxicas que melloren a accesibilidade.
Mellorar a accesibilidade a través da tecnoloxía
O hackaton que acolle esta semana o CITIC forma parte do proxecto Erasmus Design2Freedom, coordinado por COCEMFE, cuxo obxectivo é promover a accesibilidade e a inclusión de persoas con discapacidade mediante o uso de tecnoloxías. O grupo de investigadoras do CITIC, que participa neste proxecto, está comprometido coa investigación e o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas sen barreiras. Nas actividades previas do proxecto, como as xornadas formativas celebradas en Madrid, o Grupo TALIONIS da UDC compartiu a súa experiencia en áreas como impresión 3D, software de comunicación e ferramentas para a creación de contidos dixitais accesibles.
A iniciativa está centrada na persoa e o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas que poidan ter un impacto positivo na vida cotiá das persoas con discapacidade. A colaboración entre universidades, investigadores e entidades sociais internacionais contribúe á creación dunha contorna sen barreiras e equitativa para todas as persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?