Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula AMTIC do Milladoiro ofrece un obradoiro sobre compras seguras a través da Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula AMTIC do Milladoiro ofrece un obradoiro sobre compras seguras a través da Internet

S. P.
Publicado: 05/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cursos_amtic_ames_mes_de_decembro.jpgA Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AMTIC) do Concello de Ames, situada no Milladoiro, oferta para este mes de decembro novos cursos formativos, un para adultos e tres para os máis cativos. Mostrarase como ter as mellores experiencias posibles en materia de ecommerce e para a rapazada, porase o foco na vertente máis creativa das tecnoloxías.
Para o obradoiro de compras seguras a través da Internet, que está dirixido a persoas adultas, aínda quedan prazas libres. Este curso impartirase os días 11, 12 e 18 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Pódese facer a inscrición a través do número de teléfono 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com, coa correspondente ficha de solicitude cuberta e asinada, ou de xeito presencial na propia aula AMTIC do Milladoiro. Segundo explican dende a aula sobre os porqués deste obradoiro, “coa chegada do Nadal, é frecuente que aumenten as estafas na Internet, polo que é necesario saber identificar posibles enganos e tamén coñecer o proceso completo dunha boa compra: busca da mellor oferta, métodos de pago, proceso post-venta, dereitos coma consumidor e posible devolución do produto”.
Cursos para rapaces
Os máis pequenos da casa tamén contarán con actividades orientadas á súa formación na Rede a través do curso de postais de Nadal Paint, dirixido á rapaza de entre 5 e 8 anos. Impartirase do 23 ao 30 de decembro, en horario de 10.30 horas a 12.00 horas, tamén na aula AMTIC da Casa da Cultura do Milladoiro. Centrado nos máis pequenos, o obxectivo é que vaian coñecendo pouco a pouco o mundo da informática creando postais de Nadal co programa Paint.
Na mesma liña, impartiranse o resto de cursos orientados á cativada. Do 26 ao 2 de xaneiro, realizarase o curso de postais de Nadal Scratch, dirixido aos nenos e nenas de entre 8 e 14 anos. A formación será en horario de mañá, de 10.00 horas ás 12.00 horas na aula AMTIC da Casa da Cultura do Milladoiro. Co uso deste programa, a rapazada coñecerá coñecementos básicos de programación, a través da realización de ilustracións de Nadal co programa scratch.
O terceiro curso que se realizará será de postais de Nadal Pixelart, dirixido aos mozos e mozas de 9 a 12 anos e que se realizará de 10.00 horas a 12.00 horas, entre os días 27 de decembro ao 3 de xaneiro na Aula AMTIC da Casa da Cultura do Milladoiro. Nel aprenderán a facer debuxos de Nadal con programas Pixelart (debuxos de baixa resolución semellantes aos dos videoxogos clásicos).
A inscrición en calquera destes cursos pode realizarse chamando ao número de teléfono 674 59 48 43, enviando ao enderezo informatica.milladoiro@gmail.com a ficha de solicitude de inscrición cuberta e asinada, ou de xeito presencial na aula AMTIC do Milladoiro en horario de aula aberta (de luns a venres de 10.00 a 12.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?