Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado do CPI Domingo Fontán inaugura un xogo dixital sobre cooperación e desenvolvemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado do CPI Domingo Fontán inaugura un xogo dixital sobre cooperación e desenvolvemento

S. P.
Publicado: 05/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cpi_domingo_fontan_2.jpgA Coordinadora Galega de ONGD activou este xoves 5 de decembro un xogo dixital no marco do programa Somos Ponte e que consiste nun reto de preguntas e respostas que permite coñecer o mundo que nos rodea a través da cooperación e o desenvolvemento. O xogo Ponte ao Día! desenvolveuse en colaboración coa Deputación de Pontevedra no marco do programa Somos Ponte.
Ponte ao Día! Estreouse no CPI Domingo Fontán (Portas, Pontevedra) como parte duns obradoiros de sensibilización que se enmarcan tamén no programa Somos Ponte.
O trivial dixital (que a Coordinadora Galega de ONGD desenvolveu en colaboración coa Deputación de Pontevedra) está xa aberto para quen desexe xogar e ofrece a posibilidade de participar nun sorteo.
Concretamente participaron na partida inaugural os cursos de primeiro, segundo e terceiro da ESO, resolvendo preguntas diversas: cantas persoas falan suahili no mundo, que significa ser defensoras de dereitos, que é un huipil, que significan as siglas ONGD ou que implica o comercio xusto.
Tralas súas partidas, o xogo quedou aberto ao público de tal xeito que calquera persoa pode entrar xa nel e xogar.
cpi_domingo_fontan_1.jpg Ponte ao Día! ofrece modalidade de xogo individual e colectivo, así como dous niveis de dificultade. A súa dinámica consiste en formular unha pregunta e tres posibles respostas, así como unha explicación sinxela coa que ampliar coñecementos que gardan relación con organizacións galegas, países do Sur Global ou coa implicación da Deputación de Pontevedra coa cooperación ao desenvolvemento.
Ao final da partida, que consta de cinco preguntas, o xogo ofrece á usuaria unha estimación de acertos e erros, pero ademais, durante varios días ofrecerá a posibilidade de rexistrarse para participar nun sorteo de Nadal, consistente nunha cesta de agasallos.
Ponte ao Día! é unha das propostas da segunda edición de Somos Ponte, un programa de sensibilización que a Coordinadora Galega de ONGD leva a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
ponte_ao_dia.jpgO seu lema, Compromiso local, xustiza global, trasládase tamén a esta cesta, cuxos produtos responden a un criterio de responsabilidade social coa nosa contorna e de aposta polo comercio xusto e sostible coas produtoras de países empobrecidos. Así, quen gañe o premio terá varios agasallos elaborados polas usuarias das asociacións pontevedresas Lenda Saúde Mental e Alba, ademais dun lote variado de produtos de comercio xusto.
O xogo dixital Ponte ao Día! segue o obxectivo do programa Somos Ponte de divulgar a importancia da cooperación ao desenvolvemento -con especial interese na que se impulsa dende a provincia- e de visibilizar o que une a Pontevedra cos países do Sur Global. Desta volta apostando por un compoñente lúdico e un formato dixital, capaz de chegar a un público máis amplo, que completa outras actividades desenvolvidas no marco deste programa de sensibilización, como é o caso dos obradoiros escolares celebrados este xoves 5 de decembro en Portas por Solidariedade Internacional ou o celebrado recentemente no CEE de Panxón, da man da organización Amigas da Terra, que vinculou a unha proposta de cociña sostible aspectos relacionados coa soberanía alimentaria que traballa en diversas comunidades do Sur Global. En total, un cento de escolares de 1º, 2º e 3º da ESO participaron nestas propostas de sensibilización vinculadas a cooperación ao desenvolvemento e Dereitos Humanos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?