Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Arquivo Municipal de Ribeira prosegue a súa dixitalización coa axuda de Family Search e Unayta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Arquivo Municipal de Ribeira prosegue a súa dixitalización coa axuda de Family Search e Unayta

S. P.
Publicado: 05/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ribeira_dixitalizacion_3.jpgO Arquivo Municipal de Ribeira confirmou este 5 de decembro novos e importantes avances na súa traxectoria de dixitalización, unha andaina “dilatada” de adaptación aos novos tempos que contou coa experiencia de entidades como Family Search (entidade sen fin de lucro cuxo cometido principal é chegar a facer a árbore xenealóxica mundial), responsable de proxectos tan destacados como a dixitalización do Arquivo Diocesano de Granada, entre outros, e que este xoves asinou un novo convenio co Concello de Ribeira.
Ao devandito súmase o importante traballo levado a cabo pola empresa galega Unayta, con sede en Ames, que estivo desenvolvendo recentemente labores de descrición, organización e catalogación de fondos documentais de gran valor no Concello de Ribeira, incluíndo o Padrón Municipal de Habitantes e a documentación de Patrimonio, garantindo a súa preservación a longo prazo e facilitando o acceso á información para o persoal municipal e a cidadanía. Cada fondo foi descrito conforme aos parámetros de NOGADA e os datos incorporáronse á plataforma ARQA, que proporciona unha interface intuitiva para a xestión dos fondos documentais.
Na formalización do acordo asinado este 5 de decembro participaron o rexedor ribeirán, Luís Pérez, o xerente de Family Search de Relacións Institucionais na península Ibérica, Ezra Gomar, a consultora de Negocio Documental de Unayta, Balbina Gándara e o arquiveiro municipal, José Antonio Otero.
O acto comezou ca sinatura do convenio do Concello de Ribeira con Familly Search para despois facer unhas valoracións de dito acordo. Ezra Gomar agradeceu ao Concello por este novo convenio e dixo que “sempre traballamos con documentos que teñan máis de cen anos para non ter conflito coa lei de protección de datos”, tamén fixo referencia á parte técnica: “Chegamos a un acordo para facelo ca normativa establecida pola Xunta de Galicia tanto na web da Galiciana como en Familly Search”, e finalizou destacando as vantaxes de ditas dixitalizacións: “É un beneficio para a sociedade que investigadores de tódalas partes do mundo podan acceder a estes arquivos”.
Os traballos en Ribeira comezarán no vindeiro ano 2025.
ribeira_dixitalizacion_2-2.jpgLuís Pérez encomiou ese inxente traballo que se está a facer dende Familly Search para crear a árbore xenealóxica da humanidade e dixo que “o Concello de Ribeira non quería quedar atrás neste reto e dende o Consistorio abrímoslle á entidade as portas do Arquivo Municipal”.
Explicou tamén que “no Concello de Ribeira estamos democratizando o acceso ao Arquivo Municipal, ao abrilo á poboación ademais de facilitar o traballo dos investigadores e investigadoras de todo o mundo”. O rexedor anunciou que ”o Arquivo Histórico de Ribeira quere dar un paso máis e traballará en achegarse á veciñanza para que colabore en dita dixitalización e como non, para facer máis accesible toda a documentación histórica do municipio”.
Para o devandito está previsto crear un espazo na web onde a veciñanza poderá ver todo o material dunha forma máis visual e tamén poderá achegar de forma telemática e analóxica novos documentos para o arquivo do municipio.
Balbina Gándara, da empresa Unayta, encargada do traballo de descrición e catalogación do propio arquivo, entregou un USB ao alcalde cunha listaxe de todo o traballo realizado para o Arquivo Municipal durante varios meses.
O rexedor tamén agradeceu á empresa Unayta o traballo desenvolvido e Gándara finalizou deste xeito: “Grazas ao traballo realizado, o Concello de Ribeira dispón agora dun sistema de arquivo modernizado e adaptado ás necesidades contemporáneas, sen esquecer a importancia de preservar a súa memoria histórica”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?