Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto Starttic bota a andar cunha xornada práctica sobre metodoloxías áxiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto Starttic bota a andar cunha xornada práctica sobre metodoloxías áxiles

S. P.
Publicado: 10/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

arranca_starttic_zona_franca_vigo_agile.jpgEste martes 10 de decembro arrincou o proxecto Starttic da incubadora de Alta Tecnoloxía que, liderado pola Zona Franca de Vigo xunto ao Centro Tecnolóxico Gradiant e a Cámara de Comercio, instalarase no Polo TIC de López Mora. Unha xornada e un obradoiro de traballo sobre a metodoloxía Agile reuniu no Auditorio do Consorcio a representantes de máis de 60 empresas de sectores que utilizan tecnoloxías TIC.
Agile en Acción, impulsa a túa empresa foi o título desta primeira actividade na que a experta internacional nesta metodoloxía de xestión, Norma Acevedo, dirixiu unha sesión moi práctica na que os participantes puideron aplicar os principios e conceptos básicos da xestión áxil, utilizados en empresas dedicadas ao desenvolvemento de produtos e servizos.
Na apertura da xornada participaron os tres socios do proxecto na que tanto o delegado de Zona Franca, David Regades, como o director xeneral de Gradiant, Luís Pérez Freire, e o presidente da Cámara, José García Costas, coincidiron na importancia dun proxecto que supoñerá a posta en marcha “dun hub TIC para todo o noroeste peninsular e porá Vigo como cidade referente no ecosistema tecnolóxico”. A incubadora de Alta Tecnoloxía ten un orzamento de 3,5 millóns de euros, financiada nun 60% por fondos europeos a través de INCYDE, e dispoñerá dun espazo de incubación que reunirá ás startups tecnolóxicas de Vigo e a súa comarca.
O delegado do CZFV, David Regades, incidiu por iso que Starttic situará a Vigo como un polo de referencia na revolución tecnolóxica,explicou que “cremos firmemente neste proxecto no que tamén se cumpren dúas máximas que aplicamos sempre en Zona Franca: as sinerxías público-privadas e a ecuación de captar talento, ofrecer espazos ás empresas e garantirlles liquidez como a gasolina precisa para que saian adiante”.
Para o director xeneral de Gradiant, Luís Pérez Freire, “Starttic reforza o papel dunha comunidade autónoma xa vinculada a áreas clave como as telecomunicacións, a ciberseguridade, a Intelixencia Artificial, os vehículos non tripulados e o eido aeroespacial, e que está a gañar protagonismo en sectores estratéxicos emerxentes como a cuántica, os semiconductores e a fotónica. Grazas á colaboración con Zona Franca e a Cámara de Comercio, Gradiant achega á incubadora experiencia no desenvolvemento de tecnoloxía e a creación de spin-offs, con tres novas firmas tecnolóxicas lanzadas que empregan xa a 50 persoas en Galicia, e a previsión de crear dúas novas spin-offs para o vindeiro ano”. Para Pérez Freire, “Starttic é un piar clave para fortalecer o sector TIC galego, atraendo empresas tecnolóxicas e investidores que acelerarán o crecemento do ecosistema local”.
Finalmente, o presidente da Cámara, José García Costas, sinalou que Starttic “é un proxecto no que imos da man dos mellores aliados, como son a Zona Franca e Gradiant, do que hoxe damos o primeiro paso cun obradoiro práctico no que aprendemos a impulsar as nosas firmas dunha maneira áxil coa axuda da tecnoloxía e metodoloxías expertas, que son as bases do proxecto Starttic”.
García Costas engadiu que “a dixitalización e a transferencia da tecnoloxía a pemes e micropemes, especialmente en sectores económicos estratéxicos na nosa demarcación, e o fomento do emprendemento no sector das TIC son unha aposta prioritaria dentro da folla de ruta da Cámara para os vindeiros anos. E dentro desta estratexia, a nosa participación na incubadora de impulso ao sector TIC en Vigo é unha iniciativa importantísima que nos fai avanzar nesta dirección”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?