Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mellor investigación realizada en Galicia será recoñecida pola RAGC e a Fundación Barrié
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mellor investigación realizada en Galicia será recoñecida pola RAGC e a Fundación Barrié

S. P.
Publicado: 11/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

real_academia_galega_de_ciencias_e_a_fundacion_barrie_convenio2.jpgA Real Academia Galega de Ciencias e a Fundación Barrié asinaron este 11 de novembro un convenio para a creación dos Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC, unhas distincións que xorden coa finalidade de “recoñecer a investigación do máis alto nivel que se desenvolve na nosa comunidade”. No acto de sinatura estiveron o presidente da RAGC, Juan Lema Rodicio, e a presidenta da Fundación Barrié, Pilar Romero Vázquez-Gulías.
No transcurso do acto, o presidente da RAGC remarcou “o enorme agradecemento da Academia á Fundación Barrié polo seu apoio nesta iniciativa, que ten o dobre obxectivo de divulgar e recoñecer”.
Pola súa banda, a presidenta da Fundación Barrié, Pilar Romero Vázquez-Gulías, salientou que “a sinatura deste convenio dá continuidade a unha colaboración coa RAGC que se remonta a 1979, na que ámbalas dúas entidades sumamos forzas para impulsar a ciencia galega e a súa capacidade para facer avanzar a nosa comunidade”.
Este certame distinguirá traballos pertencentes a tres áreas de coñecemento (Ciencias Básicas, Ciencias Técnicas e Ciencias Sociais), cunha dotación de 5000 euros cada un dos tres premios. En cada unha das categorías poderá concederse un accésit (dous no caso da rama de Ciencias Básicas). Como se recolle nas bases dos premios, poderán concorrer todas as persoas investigadoras que presenten un traballo realizado total ou parcialmente en universidades e centros de investigación de Galicia.
real_academia_galega_de_ciencias_e_a_fundacion_barrie_convenio.jpgOs traballos de investigación deben estar realizados nalgunha das áreas temáticas das seccións da Academia: Matemáticas, Física e Ciencias da Computación; Química e Xeoloxía; Bioloxía e Ciencias da Saúde; Ciencias Técnicas; ou Ciencias Económicas e Sociais. Só poderá presentarse unha candidatura por solicitante e os traballos deben estar publicados ou aceptados para publicación en revistas de difusión internacional con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2023.
As candidaturas deberán presentarse a través dun formulario electrónico na páxina web da RAGC. Describirase o traballo, salientando a súa orixinalidade e explicando a importancia dos principais resultados acadados ata o momento. O prazo da convocatoria remata o vindeiro 10 de xaneiro. O xurado estará composto pola presidencia da RAGC e polas presidencias das cinco seccións da entidade. As premiadas e premiados recibirán os seus galardóns nun acto que se celebrará a principios do vindeiro ano, coincidindo coa apertura do curso da RAGC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?