Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da EEI de Vigo presentan un sistema robótico de rehabilitación para extremidades inferiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da EEI de Vigo presentan un sistema robótico de rehabilitación para extremidades inferiores

S. P.
Publicado: 18/12/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_robotico_doenzas_extremidades_inferiores_virtual3d1.jpgFoi Bruxelas o lugar elixido para presentar Steropsia 2024, o prototipo a escala do sistema robótico de rehabilitación médica que ven desenvolvendo o grupo de investigación de Enxeñaría Eficiente e Dixital, En.Edi, da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) de Vigo, dirixido polo profesor Julio Garrido.
Trátase dun dos principais resultados de VirtualR3 (Virtual Reality in Robotic movements assistance for Rehabilitation), un dos subproxectos do consorcio europeo EMIL (European Media and Immersion Lab), no que a Universidade de Vigo participa xunto a outras 16 institucións europeas.
Estamos perante unha contorna de rehabilitación robótica equipada con realidade virtual da que poderán beneficiarse pacientes con distintos graos de necesidades terapéuticas. Neste novo sistema as persoas usuarias son sostidas e movidas por un robot de cables (Cable Driven Parallel Robot ou CDPR), no que son os propios impulsos da persoa paciente os que xeran a intención de movemento, que logo é empregada polo robot para seguilo e apoialo. Asemade, ao estar dotado dese sistema de realidade virtual, o paciente poderá experimentar o movemento de xeito inmersivo en diferentes escenas, grazas ao uso de lentes virtuais, o que fai máis levadeiras as sesións de rehabilitación. Todo isto baixo continua supervisión médica, desde onde se poderán cambiar as forzas, impulsos e escenarios virtuais do robot.
uvigo_virtual3d2.jpgSegundo Julio Garrido, investigador principal do proxecto VitualR3, ante a imposibilidade de trasladar o robot da UVigo a Bruxelas, desenvolveuse un prototipo a escala co que os asistentes a Stereopsia2024 puideron experimentar un paseo virtual pola praia de Samil.
O robot conta con oito motores que, de maneira individual, controlan a lonxitude e tensión de cada un dos oito cables cos que vén equipado, “soltando e recollendo cables de forma precisa”, de maneira que, traballando de forma coordinada, son capaces de mover, en espazos amplos e en todas as direccións, unha estrutura central que soporta ao paciente sobre un arnés.
Cómpre engadir que o proxecto conta co apoio do Servizo de Medicina Física e Rehabilitación do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e do seu director, o doutor Francisco Javier Juan García, xefe de servizo, e de membros do seu equipo. “A idea é poder chegar a realizar un ensaio clínico, pero iso leva tempo porque hai que conseguir todas as autorizacións preceptivas”, apunta Garrido, recalcando o compromiso dos servizos médicos do hospital con este proxecto. “Pola nosa banda, seguimos buscando novo financiamento para, entre outras cousas, acometer estas fases de ensaio”, engade o investigador.
virtual3d5.jpg A instalación a tamaño real nos laboratorios na Escola de Enxeñería Industrial permite tamén outros modos de funcionamento, como o modo háptico, no que, a través da sensorización das forzas que exerce o paciente sobre a estrutura que o soporta, traslada as súas intencións de movemento ao control do robot.
Pola súa banda, o persoal sanitario, a través da aplicación médica desenvolta, pode parametrizar en tempo real distintas variables do exercicio de rehabilitación, como a porcentaxe de peso corporal do que se quere liberar as pernas do paciente ou a resistencia ao movemento en determinadas direccións, “ademais de controlar as escenas virtuais e o camiño a seguir dentro dela que son mandados ás gafas que porta o paciente”.
Por último, sinalar que participaron nas demostracións en Bruxelas os investigadores do proxecto Daniel do Olmo e Enrique Riveiro, parte visible en Bruxelas xunto aos investigadores e investigadoras Uxía Pérez, Josué Rivera e Diego Silva, así como o técnico de laboratorio Manuel de la Torre xunto a Julio Garrido. Acudiron a Bruxelas como integrantes do consorcio europeo EMIL no que participan como socios, entre outros, a Universidade de Aalto (Finlandia), Pompeu Fabra (España), Bath (Reino Unido) ou a alemá Filmakademie Baden-Württemberg, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?