Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A conmemoración do 75 cabodano de Castelao inclúe importantes actividades na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A conmemoración do 75 cabodano de Castelao inclúe importantes actividades na Rede

S. P.
Publicado: 20/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20241220_presentacion_castelao2025_dsc08720.jpgSan Domingos de Bonaval acolle o vindeiro 7 de xaneiro un acto cívico que abre a celebración da conmemoración do 75 cabodano de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886- Bos Aires, 1950). Diferentes representantes da comisión constituída o pasado 7 de novembro xuntáronse no Consello da Cultura Galega (CCG) este venres 20 de decembro para presentar as primeiras accións programadas, moitas delas dixitais, encamiñadas a poñer a atención sobre a vixencia e o legado da figura do autor de Os dous de sempre.
Participaron a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes; a presidenta do padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; e o alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, xunto con representantes doutras entidades, avanzando as liñas de programación da celebración. Ademais, fixeron un chamamento á cidadanía da participar na celebración “dunha personalidade irrepetible de tan alta transcendencia na historia contemporánea de Galicia”, coincidiron.
Será, sinalaron as responsables do CCG, “unha celebración conxunta, plural e diversa, programada por institucións e entidades da sociedade civil para celebrar o legado artístico, político e social de Castelao”.
Inicio da axenda
A programación arrinca co acto cívico que a Fundación Castelao celebra cada 7 de xaneiro, día en que Castelao finou en Bos Aires. Unha ofrenda floral, diferentes intervencións e un acto musical compoñen esta apertura. “Convocamos á cidadanía a que asista a celebrar esta efeméride tan destacada” anunciou Miguel Anxo Seixas, presidente da fundación Castelao. Unha idea na que tamén afondou Anxo Lorenzo, que avanzou que a xunta está a preparar varias accións dixitais arredor da figura homenaxeada. O acto no Panteón de Galegos Ilustres non será o único acto institucional, xa que o concello de Rianxo tamén celebrará a súa tradicional ofrenda (1 de febreiro) diante do busto de Castelao.
Fondos dixitais
A figura e obra de Castelao terá un protagonismo especial na Rede. Alén do sitio web creado para centralizar a programación, que estará aberto a partir do 1 de xaneiro de 2025, os espazos web das diferentes entidades participantes reservarán un apartado específico para difundir fondos propios. O Consello da Cultura Galega, a través dos seus arquivos documentais, publicará cada mes do ano 2025 coleccións documentais que permitirán coñecer aspectos menos visibles da súa biografía, así como diferentes proxectos de conmemoración da súa figura.
Ademais, en xaneiro arrincarán cun amplo especial que estará en permanente actualización. A RAG abrirá unha sección na súa web desde a que se que divulgarán os fondos bibliográficos, hemerográficos e fotográficos relacionados con Castelao que posúe. Tamén incluirán doce pezas destacadas comentadas por membros da RAG e doutras personalidades da cultura. Ademais, o Museo de Pontevedra permitirá explorar a colección propia que contén arredor da súa figura. Máis de 1.800 obras que nos achega principalmente á súa faceta como artista, que non se pode desvincular da condición de escritor e político galeguista. Ademais, na web do Museo pódense consultar roteiros por Pontevedra, Rianxo e a Habana, lugares destacados na biografía de Castelao.
A axenda ao completo, non só a centrada no dixital, podemos consultala na web do CCG e, en breve, na web conmemorativa habilitada para celebrar o 75 cabodano do rianxeiro, castelao2025.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?