Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos & Salgado móstranos como sobrevivir á zona vermella das compras en liña do Nadal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos & Salgado móstranos como sobrevivir á zona vermella das compras en liña do Nadal

S. P.
Publicado: 20/12/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

decembro_2024-noelia_montero-1.jpgNesta época de compras intensivas en Internet, as precaucións que adoitamos aplicar nas nosas adquisicións en tendas físicas cómpre que sexan aplicadas tamén, coas súas especifidades e coas súas particularidades, no ámbito en liña. O bufete galego Pintos & Salgado, especializado en novas tecnoloxías da información, axúdanos neste punto compartindo unha serie de recomendacións que debemos ter en conta. Trátase, explican, “dun mes para extremar a precaución e ser moi conscientes do que mercamos e onde”. O bufete cualifica este remate do ano 2024 de “zona vermella” polos riscos que entraña o gran volume de consumo virtual que se produce nestas últimas semanas.
Con descontos desde finais de novembro, “alcánzanse cifras récord de compra por Internet, pero a oportunidade é dobre: para os consumidores, pero tamén para os ciberestafadores, que se preparan para subtraer datos ou fondos ao saber que haberá picos moi intensos de consumo”, destaca Noelia Montero, avogada especialista en Dereito Dixital de Pintos & Salgado.
arquivo-la_zona_roja-autoria_de_leon_seibert.jpgPara Montero, a difusión do concepto de zona vermella é fundamental: “Trátase de lembrar a importancia de tomar precaucións neste mes de decembro, porque nos atopamos nun momento tecnolóxico no que os ciberdelincuentes melloraron moito as súas fórmulas de fraude”. E continúa a avogada especialista: “Cos sistemas de Intelixencia artificial (IA) profesionalizaron as ciberestafas, e agora xa xeran contido moi convincente: correos electrónicos hiperpersonalizados, páxinas web que replican a aparencia de sitios oficiais con moita precisión…”.
Desde Pintos & Salgado destacan o aumento da dificultade á hora de identificar as ciberestafas; a súa profesionalización, con deseños atractivos e contidos que parecen lexítimos, pon en risco aos consumidores. “Ante calquera mensaxe ou desconto, debemos estar máis atentos que nunca, sobre todo se é un usuario sen demasiada experiencia na compra en liña. Ultimamente detectamos moitas prácticas a través de correos electrónicos nos que se recibe unha oferta exclusiva dunha tenda de confianza, pero ao facer clic na ligazón, a vítima rediríxese a un sitio web falso que rouba os seus datos persoais e bancarios”, expón Noelia Montero.
Recomendacións para protexerse na Zona Vermella
noelia_montero-pintos_y_salgado-1_1_.jpg A avogada explica que existen certas pautas básicas que axudarán a calquera usuario para facer as súas compras online de forma segura. Baixo a súa perspectiva, o primeiro paso céntrase no sitio web, verificando a lexitimidade da tenda antes de efectuar ningunha compra. “Debemos asegurarnos de que estamos en contornas seguras e con protocolos de seguridade sólidos. Se o sitio web empeza exactamente cun https://, significa que a información que se comparte está encriptada e protexida, e terá un protocolo de seguridade fiable. Tamén nos pode axudar se contan con certificacións que avalan a fiabilidade da páxina, como Mastercard SecureCode ou Verified by Visa”, expón Noelia Montero.
Xunto á revisión do sitio web onde facemos a compra, tamén a xestión dos contrasinais cobra relevancia: deben ser únicas para cada espazo dixital, a poder ser débese activar a autenticación en dous pasos e non gardar a información das tarxetas para futuras compras, a menos que se estea totalmente seguro da seguridade da páxina.
Que facer despois de sufrir unha ciberestafa
A avogada especialista, Noelia Montero, proporciona algunhas guías para quen foi vítima dunha ciberestafa: “Inicialmente, hai que contactar co comercio ou vendedor para tentar resolver a situación. E se non hai resposta ou solución, debemos informar á nosa entidade bancaria para bloquear o pago ou reverter o cargo”.
De forma complementaria a isto, Montero recomenda “presentar unha denuncia ante a Policía Nacional ou Guardia Civil. E se a fraude involucra un uso indebido dos nosos datos persoais, podemos reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). É recomendable, ademais, gardar calquera correo electrónico, captura de pantalla ou documentación relacionada coa compra, porque poden apoiar a reclamación do usuario”, conclúe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?