Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A innovación tecnolóxica do Consello Consultivo recibe o recoñecemento da Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A innovación tecnolóxica do Consello Consultivo recibe o recoñecemento da Xunta

S. P.
Publicado: 23/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lexia_consello_consultivo_galicia.jpgA Xunta de Galicia distinguiu a Vanessa Brea Lago, empregada pública do Consello Consultivo de Galicia, cun dos galardóns dos VI Premios ao Empregado Público Innovador polo seu labor no proxecto LexIA, o innovador proxecto de Intelixencia Artificial xenerativa da institución.
LexIA, impulsado desde a área de Comunicación do Consello Consultivo co respaldo da Secretaría Xeral, representa unha solución pioneira no ámbito xurídico-administrativo. Actualmente, trabállase en novas funcionalidades como a consulta directa de ditames, opera xa como unha ferramenta estratéxica para comunicar as novidades da institución, informar sobre convocatorias e facilitar resumos de ditames. O seu obxectivo é mellorar a accesibilidade da información e optimizar a interacción cos profesionais do dereito e a cidadanía.
Este proxecto desenvolveuse utilizando as versións gratuítas de diversas aplicacións tecnolóxicas, o que demostra, segundo fontes do xurado dos premios, “que a innovación é posible mesmo con recursos limitados”.
Dende a Xunta salientan que “LexIA non só reforza a comunicación institucional, senón que tamén posiciona ao Consello Consultivo como un referente na aplicación da Intelixencia Artificial no ámbito público”.
A premiada Vanessa Brea Lago liderou esta iniciativa con “visión e compromiso, logrando que o proxecto se converta nunha realidade en poucos meses”, destacouse, ao tempo que que se puxo en valor que “este recoñecemento pon de manifesto a capacidade do Consello Consultivo para adaptarse aos retos da era dixital, apostando pola modernización e a eficiencia”.
O Consello Consultivo de Galicia continuará desenvolvendo e ampliando as capacidades de LexIA co obxectivo de consolidala como unha ferramenta esencial no ámbito xurídico, en liña co seu compromiso de servizo á sociedade galega. Sen ir máis lonxe, o pasado mes de decembro deuse un relevante paso en materia de accesibilidade incorporando subtítulos ao avatar de Intelixencia Artificial (LexIA), permitindo unha experiencia máis inclusiva para todas as persoas usuarias.
consello_consultivo_galicia.jpgO Consello Consultivo de Galicia é o supremo órgano consultivo de Galicia, e actúa de xeito independente. Ten a súa sede no pazo de Amarante na rúa da Algalia de Abaixo en Santiago de Compostela. Entre as súas funcións figuran emitir ditames en cantos asuntos, relativos ás materias sexan sometidos á súa consulta pola Presidencia da Xunta de Galicia, o Consello da Xunta ou calquera das persoas que forman parte del, as administracións do sector público autonómico, as entidades locais e as universidades públicas de Galicia.
Polo que se refire ao Premios ao Empregado Público Innovador, teñen a finalidade de “recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia, xa que isto fai posible unha administración pública máis eficiente, moderna e innovadora, capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?