Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC acolleu un workshop sobre a vindeira revolución nas estradas: a condución autónoma
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC acolleu un workshop sobre a vindeira revolución nas estradas: a condución autónoma

S. P.
Publicado: 23/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

conducion_autonoma_cit05513-1024x683.jpgO CITIC da UDC acolleu o pasado venres un encontro de traballo destinado a abordar os avances en simulación e xeración sintética de datos anotados para vehículos autónomos. A situación actual da condución autónoma, o potencial da IA e as posibles liñas de investigación e colaboracións futuras centraron o programa do obradoiro organizado polo grupo Computer Graphics & Visual Computing (XLab) en colaboración co CITIC.
Persoal de investigación do proxecto Automatic Data Anotation by Semi-Supervised Learning and Procedural Generation of Augmented Secenarios (ADA), integrado na convocatoria de Proxectos de I+D+i de Xeración de Coñecemento, da Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, expuxeron resultados, reflexións e achegas do subproxecto Procedural Generation of Augmented Scenarios with Automatic Data (PGASADA). No encontro participou persoal de investigación do CITIC da UDC, da Universitat Politècnica de Catalunya e da Universitat Jaume I de Castelló.
Un dos traballos presentados por José A. Iglesias Guitián, denominado UrbanSyn, consiste nun dataset sintético aberto que ofrece escenas de condución fotorrealistas con máis de 7.500 imaxes. Deseñado para reducir a brecha entre dominios sintéticos e reais, ofrece, en opinión de Iglesias, “diversidade e calidade en múltiples escenarios de condución, cun alto grao de realismo logrado mediante técnicas avanzadas de trazado de raios e denoising”. UrbanSyn está aberto tanto para fins de investigación como comerciais.
O workshop abordou tamén as oportunidades que ofrece a mobilidade conectada, cooperativa e automatizada e o camiño desde a tecnoloxía como fin á tecnoloxía como ferramenta. A cargo de Margarita Martínez Díaz da Universitat Politècnica de Catalunya, baixo este relatorio ofrecéronse ademais datos sobre o proxecto nacional PLATOON, no que se definen estratexias de xestión de platoons de vehículos autónomos en autoestrada, e o proxecto europeo CulturalRoad, que busca desenvolver unha metodoloxía que permita avaliar o grao de equidade das solucións baseadas CCAMs, poñendo o foco na diversidade xeográfica e cultural.
A xeración de datasets sintéticos foi outro dos temas tratados na presentación HighwayScapes: Xeración de metadatos por píxel en imaxes 2D para autovías ou autoestradas, defendida por José Ribelles da Universitat Jaume I. Expuxo un novo sistema para crear imaxes 2D anotadas a partir de mundos virtuais 3D, especificamente deseñados para o ámbito de autoestradas.
Os datos sintéticos xerados en escenarios virtuais 3D foron tamén tratados por Manuel Silva, do CITIC, como unha alternativa habitual para crear datasets de imaxes etiquetadas a nivel de píxel, útiles para adestrar modelos de percepción neuronal como os de segmentación semántica.
Outra das liñas desenvolvidas como parte do proxecto ADA, na que traballa o investigador do CITIC Omar A. Mures, é o uso da IA xenerativa como alternativa para a xeración de datasets sintéticos para condución autónoma. No seu traballo explora o uso de modelos xenerativos de IA para crear automaticamente datos sintéticos etiquetados. Estes modelos permiten introducir diversidade, como condicións climáticas ou detalles finos, superando as limitacións das simulacións tradicionais, que adoitan ser custosas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?