Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC recoñecerá con créditos de libre configuración ao alumnado que contribúa ao Proxecto Nós
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC recoñecerá con créditos de libre configuración ao alumnado que contribúa ao Proxecto Nós

S. P.
Publicado: 24/12/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Presentación da iniciativa no Colexio de San Xerome da USC. Fotos de Santi Alvite.
Presentación da iniciativa no Colexio de San Xerome da USC. Fotos de Santi Alvite.
O Proxecto Nós, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral da Lingua e desde 2023 financiado a través de fondos PERTE-Next Generation, está a levar a cabo unha recollida de datos de voz en galego a través da plataforma Common Voice, recollida que vén de ser obxecto de balance por parte das ditas entidades. Como lembraremos, o propósito do Proxecto Nós é dotármonos de recursos de tecnoloxía da fala en galego para garantir a comunicación con máquinas ou con outras persoas a través de máquinas, algo especialmente importante na era da Intelixencia Artificial.
A USC e a Secretaría Xeral explican que o galego está entre as primeiras dez linguas en Common Voice en canto ao número de frases recollidas, principalmente grazas á achega dun gran volume de frases por parte do Proxecto Nós. Tralo lanzamento da fase inicial da campaña de recollida de voces hai xa case un ano, hoxe disponse de arredor de 300 horas de voces. Porén, recordan que o obxectivo está fixado en máis de 1.000 horas de gravación, “para o que son preferibles as contribucións de usuarios que non fan achegas puntuais, senón constantes, tal e como sinalan os responsables do proxecto”. De aí que, coa fin de obter a maior cantidade de datos, se acordase o recoñecemento con créditos de libre configuración a aquel alumnado da USC que participe tanto na recollida da súa propia voz como nas tarefas de verificación das mensaxes doutras persoas usuarias.
Os detalles desta proposta presentáronos o pasado venres 20 de decembro, en San Xerome, o reitor da USC, Antonio López, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, nun acto ao que tamén asistiron a directora do Instituto da Lingua Galega, Elisa Fernández Rei, e a directora adxunta do CiTIUS, Paula López Martínez. Para o reitor, “trátase dun obxectivo ambicioso pero realista grazas á implicación do noso alumnado, un colectivo con falas diversas e por iso tamén necesarias para o proxecto, para así reflectir a realidade sociolingüística do noso país”. Neste senso, Valentín García incidía en que “necesitamos milleiros de voces para estar presentes na rede en pé de igualdade coas grandes linguas do mundo”.
Requisitos
estudiantes-biblioteca-cascos-ordenador-01m.jpg Para participar, a persoa falante de galego debe entrar na plataforma a través de calquera dispositivo conectado á Internet (ordenador con micrófono e sistema de reprodución de son, teléfono móbil etc.), ler unha serie de frases proporcionadas e ademais escoitar e validar as frases gravadas por outras persoas. Para que o alumnado da USC poida equivaler a súa actividade cun crédito de libre configuración deberá colaborar con 25 horas de gravación de voz e de validación de fragmentos xa gravados.
O seguimento da actividade das persoas participantes faise a través do seu perfil de usuario e da clasificación que fai automaticamente a plataforma. Para a xustificación da súa contribución cara á obtención do crédito de libre configuración, o alumnado participante terá que optar por estar visible na clasificación e desta forma poderá tomar unha captura de pantalla que mostre o número de fragmentos cos que contribuíu a Common Voice, tanto gravados como validados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?