O concello coruñés de Miño vai comezar o ano poñendo o foco nas vantaxes de transformar tecnoloxicamente as entidades públicas. En concreto, acollerá o vindeiro 13 de xaneiro unha nova xornada da Administración Preto de Ti, ás 11.00 horas no auditorio do Centro Social da Rúa.
A actuación consiste no desprazamento de funcionarios desta Subdelegación do Goberno, que darán unha charla informativa sobre este plan de achegamento á cidadanía da Administración, e sobre as posibilidades e ferramentas que proporciona a Administración Electrónica.
Unha vez finalizada a charla ofrecerase aos asistentes a posibilidade de obter in situ un certificado electrónico, en concreto o certificado que expide a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que é o que maiores posibilidades de interacción proporciona co conxunto das Administracións Públicas
Á sesión asistirá tamén un representante da Tesourería Xeral da Seguridade Social, que fará unha exposición das seguintes materias: información xeral básica administrativa sobre o tipo de trámites que poden realizarse na TGSS, información sobre as canles de atención ao cidadán na TGSS (presencial, telefónico, telemático e atención por medio de Vídeo-atención en determinados casos), información e apoio técnico sobre as formas de identificación #ante a Seguridade Social (identificación electrónica, vía SMS, selfie, OTP, datos biométricos) e datos sobre o uso do portal da TGSS ImportaSS e os servizos que ofrece. Expediranse un máximo de 25 certificados electrónicos, polo que é precisa inscrición previa no teléfono 981782006.
Miño acollerá o 13 de xaneiro unha nova sesión do programa A Administración preto de ti
Compartir Este Artigo

