Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Poio imparte novos cursos gratuítos en competencias dixitais para persoas desempregadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Poio imparte novos cursos gratuítos en competencias dixitais para persoas desempregadas

S. P.
Publicado: 31/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

poio_cursos_tic.jpgO Concello de Poio vai comezar o ano impartindo novos cursos de capacitación dixital dirixido a persoas en situación de desemprego. En total son dúas formacións gratuítas, de 200 horas cada unha, e que se desenvolverán entre xaneiro e abril na aula da Reiboa.
Máis polo miúdo, son dous cursos en nivel intermedio, que se desenvolverán ata abril e a través dos cales dotarase dun equipo informático ao alumnado que supere o itinerario. As persoas interesadas en participar poden facelo en dixigal@bigformacion.com ou no teléfono 654 825 395.
A iniciativa encádrase no proxecto DIXIGAL, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Poio e financiado a través de fondos europeos, e que permitirá ao alumnado seguir avanzando en coñecementos informáticos que permitan mellorar a súa empregabilidade, favorecer a busca de emprego a través da Rede e, incluso, facilitar as súas xestións a través da Internet.
formacion_en_competencias_tecnoloxicas_poio.jpg Desta volta, os cursos ofrecerán ao alumando ensinanzas en nivel intermedio, para deste xeito dar continuidade ás aprendizaxes de iniciación que se organizaron ao longo deste ano no concello. Como dixemos, o alumnado que supere todo o itinerario recibirá como agasallo un equipo informático que lles facilitará seguir practicando todo o aprendido nos seus fogares.
O curso dividirase en cinco unidades formativas de 40 horas cada un delas: busca e xestión de información dixital, resolución de problemas coa entorna dixital, creación de contido dixital e programación, seguridade e civismo na contorna dixital e comunicación e colaboración coa ferramenta dixital. Ademais, tamén se incluirán módulos de formación para a igualdade e de orientación laboral.
A formación é gratuíta e as persoas interesadas en participar ou recibir máis información poden facelo no enderezo electrónico dixigal@bigformacion.com, no teléfono 654 825 395 ou no servizo de Orientación Laboral do Concello de Poio. Cada curso conta con 20 prazas e desenvolveranse entre o 14 de xaneiro e finais de abril. Un deles en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas e o outro, de tarde, de 15.00 a 20.00 horas.
O nivel académico do alumnado esixido é o correspondente ao graduado en ESO e, a aquelas persoas que non teñan esta titulación, faríaselles unha proba de acceso para poder manter un nivel homoxéneo de coñecementos na aula.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?