Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destinará case 5 millóns ao programa Investigo este ano que comeza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta destinará case 5 millóns ao programa Investigo este ano que comeza

S. P.
Publicado: 02/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250102sxerlvisitasetgainvestigo_2_.jpgO secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou este xoves 2 de xaneiro a sede a empresa fabricante de iluminación exterior intelixente SETGA, no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra). Na súa estadía Fernández avanzou que a nova edición do programa Investigo contará cun orzamento de 4,8 millóns de euros para apoiar a contratación de menores de 30 anos desempregados no eido da investigación, a tecnoloxía e a innovación.
Engadiu que “por primeira vez, a iniciativa intégrase na nova Estratexia mocidade activa da Xunta para impulsar as oportunidades laborais e reter o talento da xente nova e que, tan só no caso da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, estará dotada con 20 millóns de euros”.
20250102sxerlvisitasetgainvestigo_3_.jpg A súa visita veu motivada pola participación de SETGA en Investigo, programa a través do cal a firma recibiu unha axuda de case 133.000 euros no marco da edición de 2023 do programa para contratar un total de cinco persoas mozas. No caso da orde deste ano, a previsión é fomentar a contratación de entre 145 e 215 menores de 30 anos en función dos módulos salariais que se apliquen. Como novidade, reservarase 1 millón de euros dos máis de 4,8 millóns de presuposto para as entidades privadas sen ánimo de lucro e personalidade xurídica propia que teñan como actividade principal a I+D+i. Entre 2022 (cando se estreou o programa Investigo) e 2024, a Xunta xa destinou máis de 27 millóns de euros a este plan, cun total de 213 empresas beneficiarias que posibilitaron 863 contratacións de persoas mozas.
SETGA, como lembraremos, desenvolveu recentemente unha tecnoloxía baseada en iluminación intelixente que permite adaptarse ao ritmo circadiano dos cidadáns. Esta solución encádrase na filosofía do Human Centric Lighting, iluminación centrada no ser humano e adaptada ás súas necesidades para alcanzar a calidade máxima de luz e iluminación en cada momento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?