Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Biblioteca Nacional pon en formato dixital obras de sete autores galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Biblioteca Nacional pon en formato dixital obras de sete autores galegos

S. P.
Publicado: 03/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

autores_dom_publico2025.jpgFiel á súa cita nestas datas, a Biblioteca Nacional de España fixo pública a relación de autores do seu catálogo cuxa obra pasa a ser de dominio público en 2025, entrando desta volta, neste estado, as obras daquelas persoas falecidas en 1944. Co novo etiquetado, estas obras poderán ser editadas, reproducidas ou difundidas publicamente.
Entre os 143 que compoñen o listado de este ano e no que hai escritores, xornalistas, artistas, músicos, científicos, historiadores, folkloristas catedráticos ou políticos, hai, segundo lembra o CCG, sete nomes de Galicia, un deles a de unha das catro mulleres que aparecen no listado estatal deste ano: Isolina Muíños Búa (Pontevedra, 1866-1944). Escritora e mestra, publicou o Atlas de Geografía General y regional para ejercicios prácticos en las Escuelas Normales, defende no Prólogo a necesidade de que o alumnado coñeza e recoñeza os mapas dos diferentes países e “con maior desexo o da súa patria”, por iso a metade das ilustracións están dedicadas a Galicia, tamén colaborou co xornal en El Progreso desde 1917 e ten lazo familiares con represaliados do golpe do Estado de 1936 e da ditadura.
Entre os outros seis autores galego que inclúe o listado e que poden consultarse ademais nun mapa interactivo, hai dous músicos. O coruñés José Miguelez (1891-1944), musicólogo, lingüista, teólogo, organista e compositor; e o ourensán Juan Fernández Pérez (1870-1944), que ademais de músico era bibliotecario, pintor e escritor. Do mundo das artes o listado galego inclúe tamén ao ilustrador, debuxante, escenógrafo, muralista, publicista, gravador e pintor de A Graña (Ferrolterra) Máximo Ramos (1880- 1944). Dous poetas entran tamén este ano na lista: Amador Villar Amor (1866-1944), de Ribadavia; e Manuel da la Ventosela de O Rosal (1907-1944). Pecha esta relación galega o xornalista vigués Manuel de Castro (188-1944), coñecido como Hándicap, foi cronista, directivo e árbitro deportivo. Foi redactor do diario Sprint e do Faro de Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?