Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os proxectos TIC terán prioridade nas axudas para fomentar o galego no ensino preuniversitario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os proxectos TIC terán prioridade nas axudas para fomentar o galego no ensino preuniversitario

S. P.
Publicado: 03/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_p3c90-3defa-3-3.jpgA Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Lingua (Consellería de Cultura) publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas a proxectos para o fomento do galego no ensino preuniversitario dotadas con preto de 500.000 euros, “que supón un incremento de case o 29 % con respecto ás do pasado ano”, informou a Secretaría, engadindo que esta liña de axudas “ten como obxecto contribuír ao financiamento das actividades que realizan os equipos de dinamización da lingua e o profesorado co obxecto de dinamizar o uso do galego nas actividades extraescolares e complementarias”. As actividades das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) terán prioridade.
O prazo para que presenten os seus proxectos abre este sábado 3 de xaneiro e contarán cun mes para entregar a documentación na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para optar ás axudas, os equipos ou profesores encargados da dinamización da lingua galega deberán presentar os seus programas, que serán posteriormente valorados e puntuados para a determinación das contías. A cantidade máxima que poderá percibir un centro varía entre os 270 e os 1200 euros.
Criterios de valoración
Os criterios de valoración dos proxectos inciden no grao de implicación dos diferentes membros da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias, persoal de administración e servizos) e tamén na utilización que se faga das Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Deste xeito, o baremo de puntuación terá en conta a creación e actualización de páxinas web, de blogs e de contas en redes sociais.
De igual forma, priorizaranse as actividades con códigos QR, Realidade Aumentada, aplicacións para móbiles, ordenadores ou tabletas, radio ou TV con emisión de maneira puntual. Nesta liña, valoraranse a creación de revistas dixitais e obradoiros relacionados coas novas tecnoloxías, como robótica e gamificación, e tamén a realización de curtas ou documentais, a posta en marcha dunha radio diaria ou semanal na aula, ou programas de televisión.
Engádense a estes criterios de puntuación “a variedade de actividades propostas” e “o feito de que os proxectos establezan colaboración con outros centros de ensinanza e mais con entidades, institucións e asociacións externas ao colexio ou instituto para a realización de accións plurianuais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?