Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno supervisa os traballos de transformación levados a cabo no Mercado Municipal de Boiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno supervisa os traballos de transformación levados a cabo no Mercado Municipal de Boiro

S. P.
Publicado: 07/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

boiro_visita_mercado01.jpgO alcalde de Boiro, José Ramón Romero, acompañou este martes 7 de xaneiro ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, nunha visita ao Mercado Municipal de Boiro para supervisar as obras de transformación que se están a acometer no inmóbel mediante unha subvención do Ministerio de Industria e Turismo para a modernización do Centro Comercial Aberto de Boiro dun importe de 237.641 euros.
Pedro Blanco puxo en valor o traballo realizado que dota á veciñanza de Boiro duns servizos públicos modernos e adaptados ás súas necesidades. “Os resultados do labor desta alcaldía nótanse no crecemento e a expansión dos recursos municipais á disposición da cidadanía, que fan a vida máis sinxela aos e ás boirenses”, sinalou o delegado.
Romero e Blanco lembraron que as actuacións na Praza de Abastos teñen como finalidade “unificar a imaxe do Mercado Municipal”. Consistiron na instalación de sistemas de alumeado tipo LED, dunha axeitada sinalización nos postos e do revestimento decorativo. Ademais colocáronse biombos de aceiro inoxidable, unha malla soldade e unha corda decorativa de fibra natural na zona da peixería.
O alcalde, José Ramón Romero, destacou a importancia desta actuación para o impulso do comercio local: “Para este Goberno local o Mercado Municipal é estratéxico para fomentar o comercio local pois é un polo de atracción para veciñanza de toda a comarca que fai as súas compras na nosa Praza e nos nosos comercios. Imos seguir traballando para melloralo e dotalo de mellores servizos”.
Ademais da reforma do Mercado Municipal, leváronse a cabo outras accións para a promoción do comercio local como son atopan a implantación de sistemas de recollida e reciclaxe de envases, a instalación de puntos Wi-Fi e de recarga de vehículos eléctricos, a posta en marcha de bonos para o comercio, o desenvolvemento de formacións tecnolóxicas en mercadotecnia (marketing) dixital e posicionamento SEO (visualización en buscadores e redes) para os negocios e outras actividades para a promoción do comercio.
“Os fondos do Plan, achegados polo Goberno, están a beneficiar a todos os concellos e creando unha Galicia con futuro”, subliñou Pedro Blanco. Lembrou tamén que o Goberno leva investidos xa máis de 3.500 millóns de euros en Galicia a través do Plan de Recuperación.
A Mellora doMmercado municipal non é a única mostra do traballo entre o Concello de Boiro e o Goberno. Hai unhas semanas executouse o traspaso á administración local da Casa do Mar de Cabo de Cruz, que estaba xestionada polo Instituto Social da Mariña. “Este Goberno traballa a prol da veciñanza e por un Boiro mellor, sempre da man da alcaldía”, apuntou o delegado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?