Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Lei de Estatística de Galicia renóvase para crear información máis fiable e de máis calidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Lei de Estatística de Galicia renóvase para crear información máis fiable e de máis calidade

S. P.
Publicado: 08/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ige_galicia.jpgDende o Diario Oficial de Galicia (DOG) anunciaban este 8 de xaneiro a nova Lei de Estatística de Galicia que entrará en vigor dentro de 20 días. Dicir que esta normativa reforzará a capacidade do Instituto Galego de Estatística (IGE) para responder de xeito máis eficaz ás demandas de información.
Engadir que, amais de afondar na capacidade deste organismo para acceder á información administrativa e integrala en bases de datos, a nova lei permitirá xerar información de maior calidade e fiabilidade, pegada ao territorio e próxima ao cidadán, aumentando as sinerxías, racionalizando custos e respondendo de maneira eficiente ás demandas de información da sociedade. Dito doutro xeito, isto traducirase en: transparencia, calidade e accesibilidade dos datos.
A nova lexislación actualiza a lei 9/1988 de Estatística de Galicia vixente desde fai 35 anos, que deu soporte aos seis plans desenvolvidos polo sistema estatístico galego, o último aínda en desenvolvemento (2022-2026).
Nas últimas décadas apareceron novas fontes de información, así como os potentes métodos de tratamento de datos, baseados no big data e na IA que permiten reforzar a colaboración e os fluxos de datos estatísticos entre os distintos niveis da administración, así como incrementar a difusión e o acceso aos recursos estatísticos que se xeran. Esta nova lei profunda na normalización das perspectivas de xénero e idade, para achegar información máis precisa e axeitada ás cuestións demográficas. Isto permitirá, ademais, realizar desagregacións territoriais que non eran posibles ata o momento. Asemade, regula de xeito máis preciso o segredo estatístico tanto para os cidadáns como para as empresas, establecendo mecanismos que permitan compatibilizar o tratamento dos datos con fins estatísticos, sobre todo para contar con información inmediata en situacións de emerxencia social, coa protección de datos persoais e a cesión de datos protexidos. Con esta normativa refórzase tamén a conexión do sistema estatístico coa planificación pública, para deseñar e avaliar as políticas deste sector e programar novas iniciativas. Facilitará a investigación científica, ao favorecer o acceso dos investigadores a datos estatísticos protexidos, baixo protocolos que preserven a súa confidencialidade.
Engadir que esta modificación normativa contempla ás persoas usuarias e informantes como peza clave da estatística galega, así como a difusión de balde na páxina web de estatísticas reutilizables e cun calendario e información adicional que faga máis doada a súa interpretación, poñendo así a disposición da sociedade datos que permitan tomar decisións informadas a particulares e empresas, ademais da Administración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?