Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta enxalza o pulo dixitalizador do comercio de Carballo, recoñecido nos Premios Galegos de Comercio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta enxalza o pulo dixitalizador do comercio de Carballo, recoñecido nos Premios Galegos de Comercio

S. P.
Publicado: 08/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250108dxcccomerciocarballoloproximo.jpgO director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou este mércores 8 de xaneiro a vila de Carballo, onde tivo a ocasión de facer un percorrido pola súa Praza de Abastos e por diferentes establecementos adheridos ao Centro Comercial Aberto da localidade. Tamén salientou os avances en dixitalización e transformación dados polo tecido comercial da capital bergantiñá, principalmente a través da plataforma LoPróximo.
Ademais, o director xeral participou no sorteo público do premio da Globoteca, unha iniciativa desenvolvida por esta entidade no marco das actividades da Campaña de Nadal do empresariado de Carballo, e que outorgou un galardón único de 7.600 euros para mercar nos establecementos participantes ao longo de 2025.
20250108dxcccomerciocarballo.jpgAlén fixo fincapé “no importante labor que xogan as asociacións de comerciantes para dinamizar e incentivar o consumo nas diferentes campañas, impulsando así as compras de proximidade como un sinónimo de calidade, atención personalizada e consumo responsable”.
Así mesmo, lembrou que a Xunta está rematando de perfilar o Plan estratéxico de comercio 2025-2030, unha planificación en materia de transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal para seguir impulsando este sector clave.
20250108dxcccomerciocarballomercado.jpgDurante a xornada deste 8 de xaneiro o director xeral de Comercio e Consumo tamén tomou parte na presentación de LoPróximo, unha plataforma dixital implantada polo Centro Comercial Aberto de Carballo recoñecida recentemente co Premio Comercio Dinamización, no marco dos galardóns do Comercio Galego 2024. Gabriel Alén sinalou “a importancia de seguir afondando na dixitalización e nas novas ferramentas dixitais para avanzar na modernización, incrementar as vendas e achegarse a un novo perfil de clientes, transformando deste xeito o modo no que as persoas se relacionan co comercio local”. Así, LoPróximo busca ser un punto único, áxil e sinxelo con toda a oferta de produtos e servizos que ofrece o comercio da vila para obter asesoramento personalizado ou propostas exclusivas dos establecementos adheridos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?