Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha vintena de centros renovan a súa participación no modelo de comunicación de Ponte nas Ondas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha vintena de centros renovan a súa participación no modelo de comunicación de Ponte nas Ondas

S. P.
Publicado: 08/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ponte_nas_ondas-5.jpgUn total de 19 centros educativos de toda Galicia renovan este curso a súa participación do modelo de educación patrimonial Ponte… nas Ondas!, recoñecido en 2022 pola UNESCO como exemplo de boas prácticas en materia de sensibilización co patrimonio na nenez ademais de ser un proxecto referencial no uso colaborativo das novas canles tecnolóxicas de comunicación, no caso concreto de PNO postas ao servizo de unir territorios irmáns da Eurorrexión (Galicia e o norte de Portugal) arredor do seu patrimonio común.
Os centros educativos participantes contan cunha serie de recursos e son recoñecidos como centros Ponte… nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI). Participan nesta iniciativa os seguintes centros: o IES de Catabois (Ferrol), o IES Plurilingüe Fontexería (Muros), o CPI Plurilingüe Antonio Faílde (Coles, Ourense), o CEIP Plurilingüe Ben- Cho-Shey (Pereiro de Aguiar, O), o CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea), o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada), o IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar), o CEIP de Petelos (Mos), o IES de Ponte Caldelas, o IES do Barral (Ponteareas), o IES Luís Seoane (Pontevedra), o
IES Sánchez Cantón (Pontevedra), o CEP Altamira (Salceda de Caselas), o IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas), o CEP Carlos Casares (Salvaterra do Miño), o IES de Salvaterra de Miño, IES Indalecio Pérez Tizón (Tui), o CEIP Plurilingüe Seis do Nadal (Vigo) e o EEI Vila Laura (Vigo).
A Consellería de Educación explicou que o obxectivo é “ir incorporando progresivamente ao sistema de ensino público este modelo recoñecido polas Nacións Unidas”.
Ponte… nas ondas! naceu da man da Asociación Cultural e Pedagóxica que leva o seu mesmo nome no ano 1995 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como fórmula para favorecer o estreitamento dos lazos entre a comunidade educativa das escolas do sur de Pontevedra e do Alto Minho co ámbito da lusofonía e para tender pontes de comunicación entre galegos e portugueses, botando man das novas ferramentas e formatos de comunicación, principalmente os podcast.
A este obxectivo, en 2002 incorporouse o compromiso para a recuperación e difusión do Patrimonio Cultural Inmaterial común para Galicia e Portugal. En 2022, o XVII Comité Intergubernamental da UNESCO aprobou a súa inscrición no Rexistro de Boas Prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO como un modelo de referencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?