Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CEIDA tira proveito de ferramentas de seguimento e aplicacións móbiles para protexermos as aves mariñas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CEIDA tira proveito de ferramentas de seguimento e aplicacións móbiles para protexermos as aves mariñas

S. P.
Publicado: 09/01/2025
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

bycatch.jpgO CEIDA (Oleiros) e outras tres entidades coordinan un novo proxecto para a conservación das aves mariñas. Trátase de NORAVES, unha iniciativa que tira proveito da investigación e da implicación do sector pesqueiro para dar novos e importantes avances na protección das aves do noso litoral, botando man das posibilidades que poñen en xogo as novas ferramentas, por exemplo as tecnoloxías de seguimento por satélite ou as aplicacións móbiles. Por exemplo a ferramenta Bycatch.
Catro entidades de referencia na investigación, conservación e sensibilización sobre o medio mariño colaboran en NORAVES na procura de solucións para a problemática da mortalidade accidental destas especies en artes de pesca.
O CEIDA lembra que as aves mariñas están consideradas o grupo de aves máis ameazado do planeta. O seu elevado nivel de especialización e a súa sensibilidade aos cambios ambientais provoca que se vexan afectadas por un amplo número de impactos tanto no medio mariño como no terrestre. Como consecuencia, estímase que están en declive as poboacións de máis da metade das especies do planeta, e diversos estudos apuntan a que dende 1950 desapareceron máis de 230 millóns de aves, o 70% das existentes por aquel entón.
O centro de investigación con sede en Oleiros recorda tamén que unha dos principais problemáticas que afectan ás aves mariñas a nivel global é a mortaldade accidental (bycatch) en artes de pesca. Neste punto, estímase que só nas augas europeas ao redor de 200.000 exemplares son capturados anualmente neste tipo de apeiros mariños. Co obxectivo de que a actividade pesqueira sexa máis sostibel, nos últimos anos están xurdindo iniciativas dirixidas a avaliar o alcance do seu impacto e ensaiar diversas medidas de mitigación do bycatch. Entre estas destaca o proxecto NORAVES, froito da colaboración de catro entidades punteiras na investigación, conservación e divulgación da biodiversidade mariña: o Centro Oceanográfico da Coruña, dependente do Instituto Español de Oceanografía – CSIC; a ONG conservacionista SEO/Birdlife; a cooperativa sen ánimo de lucro Cory ́s e o CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, que actúa como entidade coordinadora da agrupación.
foto_noraves.jpgNORAVES desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, e co-finánciase pola Unión Europea polo FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura), e ten como obxectivo “contribuír á mellora do coñecemento da magnitude do impacto do bycatch nas poboacións de aves mariñas da Demarcación Mariña Noratlántica, e realizar propostas de xestión e mitigación que contribúan á súa redución”.
As entidades socias do proxecto aportan dende o seu ámbito de especialización as súas fortalezas e prolongada experiencia para alcanzar este obxectivo, a través dunha serie de actuacións: seguimento do uso do espacio mariño por parte das especies de aves mariñas a través da monitoraxe tecnolóxica do seu paso migratorio e a aplicación de innovadoras técnicas de seguimento remoto GPS-GSM para o coñecemento en tempo real dos seus movementos en alta mar; o modelado espacio-temporal da actividade no mar da actividade das flotas pesqueiras de altura e baixura e das aves mariñas, e a determinación das áreas prioritarias e de solapamento entre elas; a avaliación da mortaldade accidental existente mediante o estudo da información dispoñible e a colaboración co sector pesqueiro a través da realización de embarques, enquisas, cadernos de a bordo e emprego da aplicación móbil Bycatch; elaboración dun protocolo de rexistro estandarizado da mortalidade accidental; e o desenvolvemento dun programa participativo e formativo para técnicos e profesionais do sector.
O proxecto comezou en xullo de 2024 e estenderase ata comezos de 2026, e ten como piares fundamentais “a convicción no compromiso dos profesionais da pesca coas boas prácticas para a sustentabilidade da pesca; a colaboración entre sector pesqueiro, ciencia, sociedade e administración para a xestión do medio mariño; e a participación activa e en positivo do sector pesqueiro, na procura de solucións comúns que permitan garantir a coexistencia das nosas aves mariñas coa actividade e modo de vida dos profesionais dun sector tan importante para a sociedade como o pesqueiro”, explican as entidades coordinadoras de NORAVES.
Ademais das catro entidades agrupadas no proxecto, son colaboradoras deste a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, a Confraría de Pescadores de A Coruña e os Grupos Locais de Acción Pesqueira Golfo Ártabro Sur e Ría de Vigo – A Guarda.
A aplicación Bycatch
A aplicación Bycatch, creada por SEO/BirdLife en colaboración co CEAB-CSIC, permite comunicar as capturas accidentais de fauna mariña sensible (aves mariñas, cetáceos e outros mamíferos mariños, tartarugas mariñas, quenllas e outros peixes de interese) que se producen durante as actividades de pesca, tanto profesional como recreativa.
SEO/BirdLife lembra que este tipo de capturas non desexadas representan “unha grave ameaza para estes organismos mariños, á vez que poden causar molestias e perdas aos pescadores”.
Os datos obtidos coa ferramenta contribúen a coñecer mellor estas capturas: cando, onde e como acontecen, en que artes e a que especies afectan. “Este tipo de información é clave para entender o problema e atopar solucións eficaces e consensuadas”, sinala a organización, lembrando que a ferramenta para dispositivos móbiles pode traballar con sistema IOS e Android, con ou sen cobertura da Internet. Para traballar no mar sen conexión a Rede é necesario abrir algunha vez a aplicación nun lugar con cobertura. A aplicación rexistra a data e posición da captura accidental e permite facer ou achegar fotos. Se non é posible enviar os datos no momento en que se produce a captura accidental, pódense enviar despois, xa que desde a aplicación ou a web poderemos axustar a data e a localización, e achegar imaxes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?