Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Poio amplía a súa formación con sete novos cursos de habilidades dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Poio amplía a súa formación con sete novos cursos de habilidades dixitais

S. P.
Publicado: 10/01/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

concello_poio_cemit_cursos_tecnoloxias.jpgA oferta formativa da Aula CeMIT de Poio segue adiante neste mes de xaneiro con sete cursos novos de habilidades dixitais que van desde informática e internet nivel de iniciación, follas de cálculo (niveis iniciación e medio), enderezo electrónico, videoconferencias ou deseño de carteis. Todas as actividades son gratuítas, e as inscricións para participar xa están abertas a través da páxina web da CeMIT, no correo cemit.poio@xunta.gal ou na mesma aula situada en Combarro.
Asemade, calquera usuaria ou usuario que o desexe pode facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula a través da Aula Aberta, sempre con cita previa e en horario de luns a venres (entre as 19.30 e as 21 horas). As asociacións e colectivos locais teñen tamén a opción de poder reservar a utilización dos ordenadores para a realización de actividades.
Con respecto ao curso de iniciación á informática, desenvolverase do luns 13 ao venres 17 de xaneiro (de 16.30 a 18 horas) e o alumando adquirirá os coñecementos básicos para manexar o ordenador, desde acender e apagar o equipo, ata o uso do rato, familiarización co entorno gráfico e uso de arquivos e carpetas.
A vindeira semana tamén se impartirá o curso de iniciación ás Follas de Cálculo con LibreOffice Calc (de 18 a 19.30 horas). As follas de cálculo son, xunto co procesador de texto, unha das aplicacións máis empregadas, xa que se poden crear documentos que realizan cálculos de xeito automático e permiten a súa impresión, polo que son moi utilizadas na contabilidade, facturación e almacén, sendo unha ferramenta indispensable para o traballo de oficina. Ademais, tamén está programado un curso de follas de cálculo nivel medio para a semana do 20 ao 24 de xaneiro (tamén en horario de 18 a 19.30 horas).
En canto ao curso Iniciación a Internet, impartirase tamén do luns 20 ao venres 24 de xaneiro (de 16.30 ás 18 horas). Ao finalizar o curso, a persoa usuaria poderá empregar aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede, desde realizar procuras sinxelas nun buscador ou seguir as ligazóns para navegar polas páxinas web, entre outros.
A última semana de xaneiro, entre o 27 e o 30, celebrarase o curso Iniciación ao Correo Electrónico Web, unha ferramenta útil para comunicarse e enviar arquivos e información de todo tipo (de 16.30 a 18 horas).
A formación Deseño de carteis e folletos, organizarase do 27 ao 4 de febreiro (agás o venres 31), entre as 18 e as 19.30 horas. As persoas participantes aprenderán a usar Canva e outros programas semellantes que permiten crear en liña deseños de carteleiría, tarxetas ou outros deseños artísticos.
Por último, o curso Videoconferencias Online, impartirase o venres 31 (de 16.30 a 18 horas).
A maiores destes cursos, tamén se reserva unha sesión para realizar a proba de aproveitamento dos cursos online EMA, que será o venres 31m de 18 a 19.30 horas e que permitirá obter o diploma dos cursos realizados na plataforma de teleformación da Aula CeMIT.
Alén da Aula CeMIT, o Concello de Poio tamén comeza a vindeira semana na Aula da Reiboa os novos cursos de Capacitación dixital encamiñados a persoas en situación de desemprego.
En total son dúas formacións gratuítas, de 200 horas cada unha, e que se desenvolverán entre xaneiro e abril. Permitirán ao alumnado seguir avanzando en coñecementos informáticos para mellorar a súa empregabilidade, favorecer a busca de emprego e mesmo facilitar as súas xestións a través da rede. Nesta ocasión, os cursos ofrecerán ensinanzas en nivel intermedio, para deste xeito dar continuidade ás aprendizaxes de iniciación que se organizaron ao longo deste ano no concello.
O curso dividirase en cinco unidades formativas de 40 horas cada un delas: Busca e xestión de información dixital; Resolución de problemas coa entorna dixital; Creación de contido dixital e programación; Seguridade e civismo na contorna dixital e Comunicación e colaboración coa ferramenta dixital. Ademais, tamén se incluirán módulos de formación para a igualdade e de orientación laboral. O alumnado que supere todo o itinerario recibirá como agasallo un equipo informático que lles facilitará seguir practicando todo o aprendido nos seus fogares.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?