Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Xornadas de Enxeñaría Biomédica porán o foco nas tecnoloxías intelixentes ao servizo da saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Xornadas de Enxeñaría Biomédica porán o foco nas tecnoloxías intelixentes ao servizo da saúde

S. P.
Publicado: 10/01/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

jib_uvigo_xornada-biomedica-2025.jpgFroito da ecuación innovación e tecnoloxía igual a saúde nace a idea da primeira edición das Jornadas de Ingeniería Biomédica (JIB), unha proposta xurdida directamente da inquedanza do alumnado do grao e do mestrado de Enxeñaría Biomédica que, co apoio da Escola de Enxeñería Industrial, o SERGAS e o Consejo Estatal de Estudiantes de Ingeniería Biomédica e Ingeniería de la Salud propuxeron estas xornadas.
O dito encontro será entre o 10 e o 14 de febreiro na Escola de Enxeñería Industrial, no campus de Vigo, coincidindo coa celebración das Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial (JAI).
As JIB 2025 centraranse na enxeñaría da saúde e o programa inclúe unha exposición de equipamento biomédico, que se poderá visitar entre os días 10 e 14, e dous simposios. O principal obxectivo é crear un espazo que permita poñer en valor de maneira específica as innovacións tecnolóxicas aplicadas á saúde, salientar a relevancia da enxeñaría biomédica no desenvolvemento de solucións avanzadas para o diagnóstico e tratamento de doenzas e fortalecer a conexión entre eido universitario e o profesional. Asemade, estas xornadas pretenden ser unha plataforma para inspirar a estudantes e profesionais, amosando as oportunidades e desafíos do sector.
Indo aos relatorios, o primeiro será o día 11 de febreiro, titulado: Hacia un futuro inteligente: tecnología e IA para transformar el manejo de la apnea del sueño, será impartido por María Luisa Torres (xefa de sección de Pneumoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro) e Manuel Casal Guisande (enxeñeiro industrial e investigador posdoutoral do Instituto de Investigación Biomédica Galicia Sur).
O segundo simposio será o día 13 de febreiro: Presente y futuro de la cirugía endovascular, correrá a cargo de José Manuel Encisa de Sá (xefe de Cirurxía Vascular do Hospital Álvaro Cunqueiro e profesor de Medicina da USC) xunto con José Manuel Blanco (de Siemens Healthineers).
A exposición do equipamento biomédico, que se inserirá dentro do showroom Industria 4.0 das JAI, comprenderá material empregado por diversos servizos do hospital Álvaro Cunqueiro (equipamento de sono e de ventilación, máscaras, interfaces, técnicas eco endoscópicas respiratorias, próteses traumatolóxicas, etc). Ademais, tamén presentarán dotacións e tecnoloxías empresas como BETA Implants, KUNE Implants e Fabrx.
Segundo o director da EEI, José Fariña, as JIB”2025 están dirixidas a un público multidisciplinar e a idea é que sexa un foro no que poñer en valor a formación e o interese da figura da enxeñeira ou enxeñeiro biomédico no ámbito da sanidade, xa que o auxe da tecnoloxía no sector sanitario e o seu impacto na mellora da calidade de vida dos pacientes, así como na eficiencia dos sistemas sanitarios, serviu como detonante para este proxecto.
Irina Collazo é unha das estudantes implicadas na organización, xunto con Silvia Abreu, ambas membros de Ceebis, o Consejo Estatal de Estudiantes de Ingeniería Biomédica e Ingeniería de la Salud. Considera que a celebración destas xornada será unha oportunidade única para que o alumnado do grao e do mestrado en Enxeñaría Biomédica vexa diferentes alternativas de futuro.
Engadir que na organización deste evento están implicados tamén: Alberto Fernández Villar (xefe de Pneumoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro) e Manuel Casal Guisande (investigador e docente nesta área).
Para rematar, José Fariña (director da EEI) engadiu que as JIB”2025 teñen o potencial de se converter nun evento transformador para o grao e o máster en Enxeñaría Biomédica da UVigo e, a longo prazo, para a formación nesta área en Galicia e en España. Neste senso, salienta que permitirán estreitar a conexión coa industria, xa que “proporcionarán unha ventá directa ao mundo profesional, permitindo que estudantes da EEI coñezan de primeira man as innovacións e demandas do mercado”. Alén disto, serán unha panca para o fomento da empregabilidade, a través do networking e o contacto con empresas líderes, coas que as e os asistentes poderán establecer conexións clave para o seu desenvolvemento profesional. Por outra banda, Fariña tamén resalta o potencial destas xornadas para darlle pulo á investigación e á innovación.
Para asistir aos simposios é preciso inscribirse, xa que as prazas están limitadas a 60.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?