Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega a 3ª edición dos Premios ETIV-UVigo con 8 categorías de localización de videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega a 3ª edición dos Premios ETIV-UVigo con 8 categorías de localización de videoxogos

S. P.
Publicado: 10/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_premios-etiv-1-1024x678.jpgEste venres 10 de xaneiro arrinca a engrenaxe da terceira edición dos Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos, galardóns impulsados pola Universidade de Vigo e o grupo Tradución & Paratradución (T&P) que reivindican a importancia da industria gamer e distinguen o traballo dos profesionais que fan posible que este produtos dixitais cheguen a máis públicos, en máis idiomas e de maneira máis accesible. Na organización do certame, que inclúe 8 categorías, atópanse os profesores Óscar Ferreiro, José Yuste e Ramón Méndez.
A terceira edición comprende as seguintes modalidades: Mellor localización de xogo con dobraxe; Mellor localización de xogo sen dobraxe; Mellor localización de xogo indie; Xogo máis accesible; Mellor xogo en galego; Mellor xogo en catalán; Mellor xogo en éuscaro e, finalmente, Premio Manolo Ramos ao mellor traballo de investigación. Esta última categoría foi lanzada por primeira vez o ano pasado, pero de xeito individual e fóra desta convocatoria de galardóns, e o seu obxectivo é “recoñecer a calidade dos proxectos realizados polo persoal docente e investigador neste eido, incentivando a xeración de novas liñas de estudo”. Nesta modalidade o xurado terá en conta aspectos como os obxectivos e a xustificación do estudo, a metodoloxía, o rigor científico, as novas perspectivas ou aplicacións prácticas e a calidade formal do traballo. En definitiva, esta categoría, explican Ferreiro, Yuste e Méndez, “é unha mostra do compromiso dos Premios ETIV-UVigo co fomento da investigación de calidade nun sector que, aínda que relativamente novo, está a ter un impacto global enorme”.
Para os tres docentes implicados na organización, os Premios ETIV-UVigo buscan “poñer en valor un sector que é fundamental na industria dos videoxogos, pero que, a miúdo, non recibe a visibilidade que merece”. Subliñan que a localización de videoxogos “vai moito máis alá da tradución; implica adaptar os xogos a contextos culturais diversos para que os xogadores de diferentes rexións poidan vivir unha experiencia inmersiva e auténtica”. Os docentes salientan tamén ao protagonismo que os premios lles dan ás outras linguas oficiais, creando categorías específicas para recoñecer “non só o traballo de adaptación a estas linguas, senón tamén fomentar a súa presenza nun sector de grande impacto social e cultural como é o dos videoxogos”. Para os tres docentes, este é un xeito de “ reivindicar que as linguas minorizadas” no ámbito dixital e amosar que “poden ofrecer experiencias de xogo de gran calidade”.
Este venres 10 de xaneiro ábrese a votación para que o público, a través da plataforma DoblajeVideojuegos, escolla os seus traballos favoritos para que sexan candidatos. Os dez proxectos máis votados en cada categoría avanzarán á seguinte fase, na que o alumnado do Título de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo será quen elixa os tres títulos finalistas nas categorías de Mellor localización de xogo con dobraxe, sen dobraxe e de xogo indie. No que se refire ás categorías das outras linguas oficiais do Estado (galego, catalán e éuscaro) e accesibilidade, as propostas pasarán directamente ao xurado final, aínda que o alumnado poderá colaborar completando as listaxes de candidaturas.
O xurado composto por profesionais da prensa especializada e profesorado universitario será quen seleccione os proxectos gañadores, que serán anunciados nunha gala prevista para finais de curso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?