Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC impulsa unha actividade para espertar vocacións científicas entre as estudantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC impulsa unha actividade para espertar vocacións científicas entre as estudantes

S. P.
Publicado: 13/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_protagonistas_enxeneiras.jpgA USC, a través da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, lanzou unha actividade (Protagonistas, as enxeñeiras) para visibilizar e reivindicar referentes femininas no seu ámbito de actuación e dar pulo ás vocacións científicas das nenas e mozas neste eido. No marco da semana na que se conmemora o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, a EPSE realizará o 14 de febreiro unha serie de obradoiros dirixidos a estudantes de 4º da ESO.
Tal e como subliñan dende a organización do evento, a porcentaxe de mulleres estudando titulacións de enxeñaría e tecnoloxía é, en España, do 13%. “Ate agora”, engaden, “a tendencia global era de incremento da porcentaxe de mulleres nestas titulacións, porén nos últimos anos vense detectando un descenso, o cal resulta preocupante dende o punto de vista de fomentar a presenza feminina en todas as profesións, especialmente nas técnicas”. Así, a presenza de mulleres nas carreiras técnicas caeu un 12% en 10 anos.
A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría oferta en Lugo este tipo de estudos pero experimenta tamén esta tendencia global. “Segue a haber unha porcentaxe moi superior de homes matriculados, que no curso 22-23 roldaba o 80%”, destacan. Isto prodúcese nun contexto no que, segundo o informe PISA de 2023, “de novo os homes superan as súas compañeiras en ciencias e matemáticas en Galicia”, engaden.
Programa
Co apoio do Concello de Lugo e da Casa da Muller, a actividade Protagonistas, as enxeñeiras acollerá unha serie de obradoiros sobre diversas temáticas que van dende o voo de drons, o uso sustentable da auga, as novas tendencias de construcións máis intelixentes e respectuosas co medio ambiente ou as novas ferramentas e recursos contra loita contra os incendios.
As profesoras implicadas nesta acción son Cristina Cabaleiro Sobrino, María Belén Feijoo Lombao, María Elena Fernández Rodríguez, María Dolores Fernández Rodríguez, María De La Luz Gil Docampo, María José López Villar, Helga Peral Varela, María Portela Barral, Ana Daría Ruiz Gonzalez, Mónica Ruy e María Teresa Teijeiro Rodríguez. Ademais, tamén interveñen as estudantes Maria Dolores Castilblanco Benavidez, Miriam Cortes Domínguez e Rocío López Juanes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?