Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrinca en Miño a 2ª edición de A Administración preto de ti, que chegará a 28 concellos da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrinca en Miño a 2ª edición de A Administración preto de ti, que chegará a 28 concellos da Coruña

S. P.
Publicado: 13/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

administracion_preto_de_ti_maria_rivas.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presentou este luns 13 de xaneiro en Miño a 2ª edición do programa A Administración preto de ti, que beneficiará nas vindeiras semanas a preto de 100.000 habitantes de 28 pequenos concellos da provincia coruñesa. María Rivas asistiu no Centro Social da Rúa, xunto coa concelleira de Cultura, Catalina Morado, á primeira das sesións deste programa na provincia, e agradeceu a colaboración do Concello para poder achegar esta iniciativa á súa cidadanía.
A Administración preto de ti naceu en 2022, da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, co obxectivo específico de “facilitar á cidadanía dos concellos máis pequenos e de zonas rurais os trámites dixitais na Administración do Estado”. María Rivas fixo fincapé na importancia desta iniciativa, que “reforza a cohesión territorial e a igualdade de oportunidades entre a cidadanía de zonas urbanas e rurais”.
Segundo fixo saber, a segunda fase do programa comezou este luns 13 en Miño e desenvolverase nun total de 28 pequenos concellos da provincia da Coruña: Valdoviño, Aranga, Irixoa, Mesía, Cabana de Bergantiños, Vilasantar, Cariño, Curtis, Sobrado, Frades, Oroso, Carnota, Dodro, Trazo, Miño, Vimianzo, Moeche, Mugardos, Cee, Neda, Paderne, San Sadurniño, Muxía, Dumbría, Santiso, As Somozas, Tordoia e Vilarmaior. Todos estes concellos asinaron previamente coa Subdelegación do Goberno na Coruña á adhesión ao programa, co que colaboran cedendo os espazos nos que se desenvolverán esta iniciativa.
Trasla sesión en Miño, a seguinte será este venres no Concello de Vilarmaior ás 11 da mañá.
O programa consta de sesións informativas prácticas impartidas por persoal da Subdelegación do Goberno na Coruña, previamente formado, e doutras unidades, como a Axencia Tributaria, Tráfico e, como novidade, a Seguridade Social. Nestas sesións tamén se tramita ás persoas asistentes o Certificado Dixital da FMNT e ensínaselles a instalalo nos dispositivos móbiles para o seu uso nas relacións dixitais coa Administración.
Rivas lembrou que a Administración Xeral do Estado ofrece a posibilidade de realizar de xeito dixital a maior parte das xestións e das comunicacións cos seus departamentos: dende trámites básicos como as prestacións, o pago de impostos, permisos de condución, aboamento de taxas públicas, solicitudes de axudas ao estudo ou certificados de vida laboral, ata a solicitude de subvencións, que en moitos casos só se pode xestionar de xeito telemático.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?