Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova directiva de Videoxogo.gal reúnese co conselleiro de Cultura e o director de AGADIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova directiva de Videoxogo.gal reúnese co conselleiro de Cultura e o director de AGADIC

S. P.
Publicado: 14/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

conselleiro_lopez_campos_250114_videoxogo_x-4.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o director de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil, reuníronse este martes 14 de xaneiro coa nova directiva da asociación Videoxogo.gal para abordar a situación actual do sector en Galicia, o seu potencial e as diferentes accións conxuntas para impulsar o seu desenvolvemento e profesionalización. Na xuntanza participaron o novo presidente da asociación, Rubén Calles, e máis Concepción González Agulla e Miguel Ángel Areán, vogais do devandito colectivo.
Entre as medidas analizadas destacaron a nova liña de axudas mediante a que a Xunta investirá 150.000 euros en novos proxectos de videoxogos galegos, apoiando as diferentes fases do proceso que vai desde a idea ata a chegada ao mercado; as subvencións para asistencia a feiras e foros de negocio especializados ou a recente incorporación ao Sistema Galego de Centros Museísticos do Museo do Videoxogo (MUVI), creado en 2020 en Cangas (Pontevedra).
Nova directiva de Videoxogo.gal
A asociación galega de videoxogos e contados interactivos, Videoxogo.gal, comezou 2025 anunciando a renovación da súa xunta directiva co obxectivo de dar pulo ao seu crecemento e conseguir un maior impacto no sector.
A renovación da directiva formalizouse na asemblea extraordinaria da asociación celebrada o pasado 30 de decembro, na que se escolleu como presidente a Rubén Calles Lijó (Ao Norte), como vicepresidenta á localizadora de videoxogos Alba Calvo Porrúa, como tesoureira a Uxía Baños Selas (Visualhouse), como secretario a Rafael Alcalde Azpiazu (Clarcat) e Concepción González Agulla (Electronic Arts), Pablo Monroy Romero (OverPowered Team), Nacho Pintos Magdalena e Miguel Ángel Areán Míguez (Polygon-e) ocupando as catro vogalías.
Esta directiva serve de representación da natureza multidisciplinar do sector do videoxogo no que se combinan deseño, programación, guión, música, localización, dobraxe, mercadotecnia…
Videoxogo.gal continuará a traballar para mellorar a súa comunicación e consolidar unha comunidade que contribúa a un tecido industrial que facilite a creación de empresas sólidas que ofrezan empregos estables e de calidade nesta importante industria cultural.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?