A consultora galega, referente galego e estatal en formación tecnolóxica avanzada para empresas e profesionais TIC, organizou este mes de febreiro un novo curso centrado en facilitar o cada vez máis complexo (e revolucionario) manexo da información empresarial. Estamos a falar do curso Microsoft Fabric, de 21 horas de duración, que se celebra os días 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de febreiro de 2025, en formato de aula virtual con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.
O curso é un convite a descubrir como Microsoft Fabric pode satisfacer as necesidades de análises da nosa organización nunha soa plataforma, reducindo a complexidade da despregadura e a planificación dos custos.
Para quen non o saiba, Microsoft Fabric é unha plataforma de datos e análises integral deseñada para empresas que requiren unha solución unificada. Abrangue o movemento de datos, o procesamento, a inxesta, a transformación, o encamiñamento de eventos en tempo real e a creación de informes. Ofrece un conxunto completo de servizos, como Enxeñaría de Datos, Ciencia de Datos, Análise de Datos en Tempo Real, Data Warehouse, Intelixencia do Negocio e Bases de Datos. Grazas a este curso de Vitae, obteremos información sobre Microsoft Fabric, como funciona e como identificar como e cando utilizalo para as nosas necesidades.
Entre os obxectivos do curso figuran os seguintes:
-Comprender Microsoft Fabric: Aprender que é Microsoft Fabric, os seus compoñentes e que papel xoga dentro da contorna de Power BI.
-Integración de Datos: introducírmonos nas técnicas de integración de datos utilizando Microsoft Fabric, incluíndo ETL e pipelines de Data Factory.
-Almacenamento e análise. Coñecer as características de Onelake e como crear un Lakehouse.
-Ciencia de Datos: utilizar ferramentas de analítica avanzada como Apache Spark e Notebooks para realizar análises avanzadas e ciencia de datos.
-Analítica en tempo real: aplicar solucións de análises de datos en tempo real e optimizar modelos de datos para mellorar o rendemento dos informes.
O curso está dirixido a profesionais de datos: analistas de datos (enxeñeiros de datos e científicos de datos que buscan unha plataforma integrada para xestionar e analizar a información), analistas de negocios (profesionais que necesitan ferramentas avanzadas para a toma de decisións baseadas en datos), desenvolvedores (desenvolvedores interesados en utilizar Microsoft Fabric para crear solucións de datos robustas, adaptables e flexibles) e consultores de TI (consultores que desexan ampliar o seu coñecemento en plataformas de análises de datos e ofrecer solucións integradas aos seus clientes).
A persoa encargada de impartir estes contidos será Antonio Soto Rodríguez, enxeñeiro en Informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e profesional con máis de dúas décadas de experiencia como consultor técnico experto e certificado, achegando formación na Universidade Microsoft e a empresas e organismos como NASA, NASDAQ, PEMEX, SERGAS, Citroen, CEAGA, Inditex, Ferroplast, Banco Popular, ABANCA, Xunta de Galicia ou Abertis.
As posibilidades de Microsoft Fabric en analítica de datos centran un curso de Vitae en febreiro
Compartir Este Artigo

