Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pedro Blanco cualifica de brillante a investigación feita nas universidades galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pedro Blanco cualifica de brillante a investigación feita nas universidades galegas

S. P.
Publicado: 14/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premio_ciencia_udc_pedro_blanco.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, puxo en valor este martes 14 de xaneiro “o brillante futuro” da investigación feita nas universidades galegas, encarnado en Cristina Blanco, Beatriz Pelaz e Verónica Bolón, recoñecidas polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades co Premio Nacional de Investigación para Xuventude.
O delegado, xunto á subdelegada na Coruña, María Rivas, recibiu a Cristina Blanco Sío-López, a quen ambos felicitaron por este galardón na modalidade María Moliner, referente ás Humanidades. Acompañounos tamén Ricardo Cao, reitor da Universidade da Coruña.
Pedro Blanco salientou que os Premios Nacionais de Investigación do 2024 “reflicten o peso cada vez maior do talento feminino na ciencia que se fai nos centros e organismos galegos”. Por iso, fixo fincapé en que a vangarda da ciencia galega ten rostro de muller, coas investigadoras premiadas como buque insignia.
O delegado debullou “a aposta do Goberno pola ciencia e a tecnoloxía”, con medidas lexislativas como a nova Lei de Ciencia e accións prácticas centradas no impulso ás convocatorias de axudas, ao facelas máis frecuentes e dotalas de maior financiamento.
Cristina Blanco Sío-López é investigadora Distinguida Sénior María Zambrano na Universidade da Coruña e foi premiada pola súa excelente carreira científica en Historia Contemporánea. O xurado dos Premios Nacionais de Investigación destacou a súa traxectoria no ámbito internacional e os seus recoñecidos estudos sobre o proceso de integración europeo. Posúe ademais o Certificado I3 de Excelencia Investigadora e é investigadora principal do proxecto Fundeu, financiado polo Plan de Recuperación do Goberno.
Os Premios Nacionais de Investigación recoñecen o mérito daqueles investigadores e investigadoras de nacionalidade española que estean a realizar un labor destacado en campos científicos de relevancia internacional e que contribúan de forma significativa ao avance do coñecemento científico e ao progreso da Humanidade. Sobre a súa convocatoria, Pedro Blanco lembrou que no 2024 o Ministerio de Ciencia incluíu por primeira vez medidas para fomentar a presentación de candidaturas equilibradas, que reflictan a realidade da ciencia en España, na que participan homes e mulleres.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?