Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Factoría Moza de Santiago contará con áreas maker e de coworking
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Factoría Moza de Santiago contará con áreas maker e de coworking

S. P.
Publicado: 15/01/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

factoria_moza_interior1.jpgO Concello de Santiago propúxose sacar do abandono as estruturas en estado de progresivo que, no barrio de Salgueiriños, ían ser destinadas a albergar o parque comarcal de bombeiros. Esta vontade de recuperación logo de décadas de desleixo vén de frutificar no proxecto Factoría Moza, cuxos detalles foron debullados este mércores 15 de xaneiro pola concelleira de Dereitos, Servizos Sociais e Xuventude, María Rozas, e a técnica de Xuventude no Concello, Noela Vilas.
concello_santiago_maria_rozas_mocidade.jpg“A Factoría Moza”, sinalaron, “transformarase nun equipamento deseñado para atender as necesidades e as demandas da xente nova de Santiago”. Será un espazo para a cultura maker e robótica, a creación e interpretación musical, a formación en saúde ou educación sexual, a lectura, a actividade física, a cultura urbana ou o traballo colaborativo e innovador (coworking).
A tenenta de alcaldesa, María Rozas, explicou que unha vez decidido, atendendo a razóns operativas e de seguridade, que o futuro parque de bombeiros construirase en Meixonfrío, o Goberno “viu as potencialidades da estrutura de Salgueiriños para ofrecer á mocidade uns servizos que non podemos facilitar, por falta de espazo, desde o Centro Xove da Almáciga”. María Rozas lembrou que en Santiago están empadroados preto de 9.000 mozos e mozas de entre 15 e 35 anos, e son 23.000 os que están matriculados na USC: “Trátase dun grupo poboacional moi importante, habitualmente bastante esquecido polas administracións, cando é precisamente dos mozos e mozas de quen depende o noso futuro colectivo”.
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude salientou que con esta proposta “a vontade do Goberno é tamén mudar un espazo degradado, cunha imaxe case apocalíptica despois de case vinte anos coa estrutura de Salgueiriños sen rematar”. María Rozas explicou que, tras avaliar o estado do esquelete e as súas potencialidades, chegouse a un anteproxecto que fala dun edificio cunha superficie construída de case 4.500 metros cadrados, distribuídos en tres plantas.
factoria_moza_interior2.jpgEse espazo permitirá que a Factoría Moza atenda a diferentes áreas temáticas. Así, haberá unha zona pensada para a música, con ata sete salas de ensaio e gravación, “fronte ás tres actuais da Almáciga nas que é difícil atender toda a demanda”, e cunha sala de concertos con capacidade para unhas 600 persoas.
Unha segunda zona do edificio de Salgueiriños será para formación, asesoramento e estudo, con aulas, unha biblioteca integrada na rede municipal, espazos para obradoiros, e despachos nos que se prestará asesoramento sobre temas de interese para a mocidade como saúde mental ou educación sexual.
A terceira área temática é a da actividade física, con zona para practicar danza, ximnasio e tamén un espazo maker; e a cuarta é a zona de traballo tipo coworking, que terá acceso independente desde o exterior do edificio.
factoria_moza_exterior1_0.jpg Por último, haberá unha área de lecer e interacción social, nun gran espazo central a modo de praza cuberta, e con zonas para a práctica do skate e outras disciplinas vinculadas á cultura urbana. María Rozas quixo destacar as posibilidades de ocio que ofrecerá a Factoría Moza, “porque vivimos nun modelo no que é difícil aos mozos e mozas atoparen alternativas que non vaian vencelladas aos centros comerciais ou ao consumo”. A tenenta de alcaldesa tamén salientou que o anteproxecto mantén a gran torre da estrutura de Salgueiriños, que ademais de conectar diferentes plantas servirá de miradoiro e como soporte para anunciar os eventos que se vaian producindo no edificio, “ao tempo que será un elemento que conserve a memoria do propio equipamento e da súa historia”.
María Rozas explicou que os orzamentos municipais de 2025 incorporan a partida necesaria para a redacción do proxecto da Factoría Moza, que o Goberno incluirá na proposta da EDIL, a Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local vinculada a fondos europeos. A concelleira sinalou que o anteproxecto apunta a un orzamento superior aos 4,5 millóns de euros “un investimento moi importante porque falamos dun proxecto moi ambicioso, e polo tanto tamén estamos a traballar na procura doutras vías de financiamento”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?