Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Politécnica de Ferrol celebra o Día da Enxeñaría cunha xornada de portas abertas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Politécnica de Ferrol celebra o Día da Enxeñaría cunha xornada de portas abertas

S. P.
Publicado: 15/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xornada_de_portas_abertas_dirixida_a_alumnado_de_bach_e_de_fp_udc_campus_ferrol_politecnica.jpgA Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) organiza, en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña, unha nova edición da xornada de portas abertas Día da Enxeñaría, dirixida a alumnado de Bacharelato Tecnolóxico e de ciclos de FP Superiores de toda Galicia. A cita será, o venres 14 de febreiro, de 09:30 a 14:00 horas.
O programa de actividades divulgativas proposto pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) para esta xornada inclúe un escape room no que o alumnado terá que traballar de xeito conxunto para resolver unha serie retos vinculados ao eido das matemáticas, a física, a química ou a expresión gráfica co obxectivo de avanzar na historia e de rematala de xeito satisfactorio. Logo, as persoas inscritas participarán en varios obradoiros nos que poderá afondar en contidos vinculados coas enerxías renovables, a automática e a robótica, a mecánica, a biomecánica, a construción ou coa enxeñaría naval.
A maiores, ao longo da xornada, o alumnado de Bacharelato Tecnolóxico e de FP Superior participante coñecerá de primeira man o Proxecto GreenPower, no que participan preto de 20 alumnos e alumnas de grao, mestrado e de programas de doutoramento da escola, deseñando e construíndo un coche eléctrico co que compiten en varias carreiras autonómicas e nacionais baixo o nome de EPEF Racing Team. Nos xardíns do Campus Industrial de Ferrol simularase unha parada en boxes para ver o coche e ao equipo, incluída a piloto, en acción.
Os centros educativos interesados en asistir á xornada de portas abertas Día da Enxeñaría deberán inscribirse a través do seguinte formulario web antes das 14:00 horas do venres 24 de xaneiro. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?