Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UNED Ourense propón un Curso de Introdución á Computación Cuántica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UNED Ourense propón un Curso de Introdución á Computación Cuántica

S. P.
Publicado: 16/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

imaxe_para_nova_uned_ou.jpgDende a UNED Ourense anuncian unha nova edición do Curso de Introdución á Computación Cuántica, que terá lugar no centro universitario do 17 de febreiro ao 31 de marzo. Este curso achegará conceptos de información e criptografía cuántica. Entre os contidos figura unha introdución aos conceptos que se necesitan de álxebra lineal e mecánica cuántica, precisos para afrontar o curso. Ao ser un ciclo de introdución, as aplicacións que se tratan son exemplos sinxelos.
Sinalar que o dito curso consta de 30 horas lectivas e dá dereito a obter 1,5 créditos ECTS. O alumnado poderán asistir en liña, tanto en directo como en diferido. O relator será José Luís López Fernández, profesor titor de Informática na UNED Ourense.
Quen precise comprobar o programa pode facelo na ligazón proposta.
En canto á inscrición, dicir que a matrícula modalidade Estudantes é para persoal alleo á UNED (outras universidades, ciclos FP, Escola Oficial de Idiomas e conservatorios de música). Teñen que achegar copia da matrícula do curso 24-25. Os demandantes de emprego deben achegar certificado actualizado da oficina de emprego. Os participantes de familia numerosa (xeral e especial) teñen que achegar copia do carné ou certificado oficial correspondente.
Para formalizar a matrícula cómpre visitar a ligazón habilitada.
Este curso está dirixido por Timothy Martin Read, profesor Titular de Universidade. Departamento de Linguaxes e Sistemas informáticos. ETS Enxeñaría Informática da UNED. Vai encamiñado a alumnado de carreiras técnicas e, en xeral, a cantas persoas teñan interese nesta tecnoloxía. Recomendan que as persoas participantes coñezan algunha linguaxe de programación clásica (se é posible Python) e teñan algún coñecemento elemental de álxebra lineal.
O obxectivo fundamental do curso é difundir coñecementos básicos sobre as tecnoloxías cuánticas, esencialmente computación cuántica e conceptos de áreas relacionadas, información cuántica e criptografía cuántica.
O curso realizarase de maneira telemática na modalidade en liña. As clases gravaranse con obxecto de facilitar o seguimento do mesmo. Explicaranse os contidos e realizaranse exercicios para reforzar a aprendizaxe, empregando a ferramenta Qiskit e Composer de IBM. Comentaranse outras ferramentas que poden usarse para realizar as prácticas. Será preciso para superar o curso aprobar unha proba análoga aos exercicios que se irán resolvendo nas clases así como cubrir a enquisa final de curso. Os participantes realizarán tarefas que se computarán como 4 horas de traballo (a maiores das 26) para a avaliación final do curso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?