Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira comeza o ano cunha completa axenda de formacións e probas tecnolóxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira comeza o ano cunha completa axenda de formacións e probas tecnolóxicas

S. P.
Publicado: 16/01/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

presentacion_cursos_cemit_ribeira_xaneiro.jpgO Concello de Ribeira presentou este 15 de xaneiro a programación formativa do primeiro trimestre da 2025 da Aula CeMIT local. A axenda foi debullada polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Promoción Económica, Genoveva Betanzos. O programa inclúe probas (o exame EMA), formación en competencias dixitais básicas e avanzadas e capacitación tecnolóxica para os programas de emprego do Concello de Ribeira.
Exame da Plataforma EMA
Suárez-Puerta puxo o foco no Exame da Plataforma EMA que se celebrará o vindeiro mércores 29 de xaneiro (de 11.00 a 12,00 h) e dixo que se trata dunha serie de probas que se teñen que facer de forma presencial nas aulas CeMIT, exclusivas para as persoas que remataron os cursos de formación a distancia na plataforma EMA (Espazo Multimedia de Aprendizaxe), servizo de autoformación que a través da súa páxina permite aos usuarios da rede CeMIT facer cursos en liña con dereito a diploma. Unha vez rematados os cursos (un ou máis de un), para acadar dito diploma deben facer o exame nunha Aula CeMIT o día que a aula teña reservado para o Exame da Plataforma EMA.
O concelleiro explicou que dentro da páxina da plataforma hai 2 apartados dispoñibles para os usuarios. Por unha banda a sección Competencias Dixitais na que o usuario pode facer os 6 cursos que compoñen a Autoformación COMDIX, e ao rematalos, acadar un diploma de aproveitamento facendo o correspondente exame EMA nunha aula CeMIT. Pola outra, o apartado chamado Catálogo de Cursos, no que hai dispoñibles unha gran variedade de actividades formativas segundo a categoría que se elixa: Alfabetización Dixital (formación dixital básica, seguridade TIC básica, seguridade informática ou dispositivos móbiles), Capacitación Dixital (capacitación avanzada; formación a empresarios e emprendedores; eAdministración; redes sociais, ocio e operacións dixitais; imaxe, audio e vídeo; edición de imaxe; montaxe de audio; montaxe e creación de vídeo; seguridade TIC avanzada, seguridade informática; ofimática, LibreOffice e ferramentas do paquete libre de ofimática; e innovación social).
O concelleiro tamén informou que durante todo o mes de febreiro do luns día 3 ao xoves día 27 (agás os venres) celebrarase o Curso de Competencias Dixitais Básicas (25 horas), en horario de 10.00 a 11.30 horas. Abordaranse cuestións como as distintas versións e sistemas operativos dispoñibles; procesos como inicio, apagado, hibernación de equipos; programas básicos (navegadores, explorador de arquivos, visor de imaxes, pestanas, historial, favoritos, páxinas de inicio, buscadores preferidos, borrado de caché…); xestión de arquivos e cartafoles; como diferenciar as extensións máis comúns; como empregar o correo electrónico, videoconferencias básicas, identidade dixital…; como usar as ferramentas ofimáticas básicas (procesador de textos, follas de cálculo, presentacións…); como garantir sesións seguras (rutinas para unha navegación protexida, antivirus, etc); e nocións sobre o mantemento do sistema operativo (actualizacións, limpezas).
Pola outra banda Betanzos anunciou os diferentes cursos que se impartirán na Aula CeMIT correspondentes ao obradoiros Tahume X e o PIE (Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira). Serán todos os venres desde o 31 de xaneiro ata o 21 de marzo:
–Curso de Alfabetización Informática para os usuarios do Obradoiro Tahume (36 horas). Con horario de 09.00 a 13.00 h abordaranse cuestións como os sistemas operativos, os periféricos, os tipos de arquivos e a súa visualización, a impresión e o escaneo de documentos, como traballar en rede (iniciación ao Drive), como empregar o correo electrónico e Internet e como tirar proveito dos programas e aplicacións de ofimática.
–Cursos para o Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira. Levaranse a cabo en marzo 2 cursos intensivos de informática básica (nivel 1) para os novos usuarios do Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira (16 horas cada un). O primeiro grupo do luns 10 ao xoves 13 en horario de mañá e o segundo de luns 16 ao xoves 20, en horario de mañá. Afondarase nas seguintes cuestións: como aprender a diferenciar e a usar as diferentes partes ou compoñentes do computador; como aprender a utilizar as distintas aplicacións e programas instalados (sobre todo LibreOffice: Writer, Calc, Impress); como aprender a navegar pola Rede de forma segura e como manexar o buscador Google, o correo electrónico e a ferramenta Drive; como empregar as distintas ferramentas para a procura activa de emprego a través da Rede, envío/elaboración do currículo, autocandidaturas…
Suárez-Puerta pechou o acto dando as grazas á veciñanza polo interese que espertan estes cursos e sinalou que “sempre procuraremos atender a demanda específica e contextual para avanzar no nivel de dixitalización dos veciños e veciñas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?