Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta simplifica a súa linguaxe administrativa e facilita a implantación da eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta simplifica a súa linguaxe administrativa e facilita a implantación da eAdministración

S. P.
Publicado: 20/01/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xunta_web_sede_electronica.jpgA Xunta anunciou este 19 de xaneiro diversas medidas encamiñadas a simplificar a linguaxe administrativa para, en palabras do Goberno galego, “achegar unha información máis útil e sinxela á cidadanía e que os galegos e galegas poidan tomar decisións con coñecemento e seguridade”. Para iso elaborouse unha guía que ofrece recomendacións ao persoal empregado público co fin de “escribir da forma máis clara posible, tendo sempre en conta o perfil das persoas destinatarias”.
A finalidade desta publicación é “lograr que a comunicación entre a Administración e a cidadanía sexa máis fluída e eficaz, aumentar a comprensión dos documentos ofrecidos ao público e, deste xeito, incrementar a transparencia informativa e mellorar a satisfacción das persoas usuarias dos servizos públicos prestados pola Xunta de Galicia”.
A Xunta lembra que a guía acadou o segundo premio no concurso de persoal funcionario público innovador, convocado pola Axencia Galega de Innovación, na modalidade de simplificación administrativa.
A publicación estrutúrase en catro partes que seguen o fluxo lóxico da escritura, empezando por recadar a información precisa antes de empezar a escribir, organizar as ideas, redactar e revisar o texto antes de que vexa a luz. Recolle tamén aspectos básicos da escritura web, con suxestións para adaptar o estilo do texto e o seu contido ás necesidades de Internet, así como recursos multimedia dispoñible para lograr unha comunicación máis eficaz. Encádrase nas competencias e funcións da Dirección Xeral de Simplificación, que procura a promoción e o impulso da redución de cargas burocráticas, facilitando o acceso da cidadanía aos servizos públicos dun xeito sinxelo. Para iso realiza un acompañamento aos distintos departamentos da Administración autonómica no deseño e implantación dos servizos públicos, buscando optimizar trámites e documentos, reducir as cargas administrativas, empregar de forma xeneralizada comunicacións previas e declaracións responsables, así como potenciar a lectura fácil e a implantación da Administración Electrónica, a aplicación de tecnoloxía innovadora e o ofrecemento proactivo dos servizos públicos, “coa finalidade de mellorar a confianza e a resposta á cidadanía e ás empresas”, explicou a Dirección Xeral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?