Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: José Duato lembra no CITIC unha das grandes materias pendentes da IA: a sustentabilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

José Duato lembra no CITIC unha das grandes materias pendentes da IA: a sustentabilidade

S. P.
Publicado: 21/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

jose_duato_citic_udc.jpgO CITIC da Universidade da Coruña acolleu este luns 20 de xaneiro unha conferencia sobre IA e sustentabilidade a cargo de José Duato, CTO da empresa Qsimov Quantum Computing, catedrático da Universidade Politécnica de Valencia e académico de recoñecida traxectoria. A sesión, titulada Cara a unha Intelixencia Artificial medioambientalmente sostible e organizada no marco da Cátedra Inditex-UDC de IA e Algoritmos Verdes, partiu dunha análise do estado actual das tecnoloxías intelixentes, facendo un percorrido polo presente e o futuro da aprendizaxe profunda (Deep Learning) que é, segundo dixo, o método de IA máis potente, con potencial para afrontar o desafío do procesamento de enormes cantidades de datos, do desenvolvemento de novos métodos e do deseño de arquitecturas paralelas máis potentes. Porén, sinalou, este tipo de tecnoloxías teñen varias materias pendentes en materia de sustentabilidade enerxética.
Durante o relatorio, José Duato analizou en profundidade o impacto ambiental das tecnoloxías de Intelixencia Artificial, facendo fincapé no consumo enerxético que implica o adestramento e uso de modelos avanzados de aprendizaxe profunda, como GPT-3. Explicou que “o adestramento deste tipo de modelos pode chegar a consumir unha cantidade de enerxía equivalente á xerada por unha planta nuclear nunha hora, mentres que o uso masivo destas ferramentas acada niveis de consumo comparables ao de cidades enteiras”. Tamén destacou que o consumo enerxético da IA podería representar o 30% do total mundial para 2030 e representar o 80% da enerxía utilizada en centros de datos, converténdose nun desafío para a sustentabilidade.
Na súa intervención, Duato expuxo solucións concretas para reducir este impacto, entre as que destacou “os avances en algoritmos máis eficientes, coñecidos como algoritmos verdes, deseñados para optimizar os cálculos e minimizar o consumo enerxético”. Tamén falou sobre os avances tecnolóxicos en hardware, como os aceleradores especializados e a integración de transistores tridimensionais, que melloraron a eficiencia dos sistemas actuais. Subliñou “as oportunidades futuras que presentan tecnoloxías emerxentes como os transistores de nanotubos de carbono e os sistemas de computación analóxica, capaces de realizar múltiples operacións de forma simultánea cun consumo enerxético menor”. O investigador tamén explicou “que as matemáticas axudaron a optimizar os procesos de adestramento de modelos de IA a través de, por exemplo, algoritmos backpropagation, que permiten que as máquinas aprendan dos seus erros e, co tempo, melloren as súas predicións”.
Como parte da charla, compartiu os logros máis recentes de Qsimov, que inclúen un sistema de Intelixencia Artificial que permite realizar re-adestramentos incrementais sen esquecer coñecementos previos, o que “o fai significativamente máis rápido e eficiente que as redes neurais convencionais”. Este desenvolvemento, preparado para a computación híbrida e analóxica, reduce de maneira notable o impacto ambiental, sinalou.
A conferencia concluíu cunha reflexión colectiva sobre a necesidade de avanzar cara a unha IA responsábe e consciente do seu impacto ambiental. A actividade reuniu a un público diverso de profesionais, persoal de investigación e estudantes interesados no futuro da tecnoloxía e a súa relación coa sustentabilidade, consolidando o compromiso da Cátedra INDITEX-UDC coa promoción dun desenvolvemento tecnolóxico máis respectuoso co medio ambiente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?