Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos & Salgado advirte dun novo tipo de violencia contra as mulleres que se impón nas redes: os deepfakes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos & Salgado advirte dun novo tipo de violencia contra as mulleres que se impón nas redes: os deepfakes

S. P.
Publicado: 21/01/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

pintos_e_salgado_fotografia_arquivo-deepfakes-1.jpgO bufete galego Pintos & Salgado compartiu un novo informe centrado nos aspectos legais das novas ferramentas e no que se nos achegan claves para garantirmos un uso seguro das mesmas. Desta volta o bufete pon o foco nos deepfakes e reflexiona sobre o potencial deste tipo de prácticas para converterse nunha nova forma de violencia contra as mulleres a través da Intelixencia Artificial. Para Pintos & Salgado, estase a constatar que este tipo de edición de imaxes, vídeos ou audios presenta “un claro rumbo de xénero na súa utilización”, e, de feito, a nivel mundial “un 90 % dos deepfakes realízanse coa imaxe de mulleres, con especial risco para nenas e adolescentes menores”.
Esta práctica, que consiste no emprego de imaxes de persoas reais ou inexistentes para, coa axuda da IA, xerar contidos novos e realistas que logo se comparten con obxectivos dispares (desde o uso humorístico ou reivindicativo á produción de pornografía ou discursos de odio), é analizada polo miúdo no novo informe de Pintos & Salgado a través de Carla Cendán, avogada especialista do bufete, que considera estes métodos de creación de contidos como “unha nova forma de violencia dixital contra as mulleres; preto do 90 % dos deepfakes a nivel mundial utilízanse con elas, e ese rumbo de xénero non é casual”, expón, engadindo que “detrás deste dato, latexan, en esencia, cuestións relacionadas coa cousificación do corpo feminino e a deshumanización das súas identidades”.
pintos_e_salgado_2025-carla_cendan-1.jpg“Pensamos que os deepfakes xéranse só contra famosos, pero en realidade a accesibilidade das intelixencias artificiais implica que calquera persoa anónima poida protagonizar unha alteración deste tipo”, continúa Carla Cendán, explicando que “esta nova tipoloxía de violencia dixital ten un carácter complexo, porque non está tipificado como delito no noso código penal, pero afecta a un enorme abano de dereitos dos cidadáns: vulneraría o dereito á propia imaxe, á honra, á intimidade e podería constituír un delito de odio ou inxuria”.
Para a especialista, as nenas e adolescentes menores de idade son “o principal grupo máis vulnerable ante as consecuencias dos deepfakes”; de feito, a pornografía de vinganza é un dos usos que destacan desde Pintos & Salgado como cada vez máis usual: unha parella comunmente heterosexual que termina a súa relación e un dos seus membros, normalmente o home, decide denigrar á outra parte creando e distribuíndo un vídeo con IA de carácter sexual onde se utilice o rostro da muller nun corpo irreal, realizando unha acción que nunca se produciu.
“As consecuencias dun deepfake teñen un impacto psicolóxico enorme”, reitera a experta en Dereito Dixital, poñendo o foco no que se pode derivar de “facer público un falso vídeo da muller tendo relacións sexuais, coa filtración ao círculo próximo e profesional”.
fotografia_arquivo-deepfakes-2.jpgSobre as cousas que pode facer unha persoa afectada por estas prácticas, a avogada sinala que dentro das opcións dispoñibles a nivel legal, se alguén ve que a súa imaxe está a ser aldraxada con algún contido modificado con IA e compartido publicamente, ten á súa disposición diferentes vías para actuar. “O primeiro que deberiamos facer se nos afecta un deepfake é acudir á Policía para interpor unha denuncia. Unha vez feito, ábrense vías de investigación en base ás probas que se acheguen”, expón Carla Cendán, que tamén propón outras fórmulas, como a canle prioritaria da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). Trátase dun servizo destinado especificamente á publicación en Internet de fotografías, vídeos ou audios de contido sexual ou violento que poñan en risco os dereitos ou a saúde física ou mental da cidadanía, de tal maneira que se axilice a retirada do contido vexatorio. “Tamén as plataformas de redes sociais ou buscadores deben contar con mecanismos de verificación e control para recibir denuncias e eliminar contido daniño”, lembra a avogada especialista, que tamén recoñece que a estes servizos fáltalles compromiso ético á hora de moderar este tipo de problemáticas.
“Ademais”, sinala, “necesitamos, xunto cunha maior concienciación cidadá, unha lexislación máis específica e actualizada para estas innovacións tecnolóxicas. Co fácil acceso á IA, con software libres e modelos gratuítos, as posibilidades de facer dano aumentan, e tamén a sensación de desprotección, violencia e perda de control por parte das vítimas, de moitas mulleres”, conclúe Carla Cendán.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?