Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unayta lidera un proxecto pioneiro para dixitalizar todas as estradas de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unayta lidera un proxecto pioneiro para dixitalizar todas as estradas de Galicia

S. P.
Publicado: 22/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

estrada_ribeira.jpgUnayta, consultora tecnolóxica emprazada en Milladoiro (Ames), lidera un importante proxecto de dixitalización da documentación sobre a rede viaria galega. Faino en colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas. Trátase, en palabras de Unayta, dunha iniciativa pioneira no seu ámbito que transformará e optimizar por completo a xestión documental das estradas da nosa terra.
Por encargo da Axencia Galega de Infraestruturas, UNAYTA leva seis meses dixitalizando millóns de planos e expedientes da rede viaria autonómica. O seu obxectivo é “converter toda a documentación física en arquivos dixitais sinxelos e accesibles para toda a cidadanía”, explican fontes da empresa galega, engadindo que “estas actuacións pioneiras, que implican o uso de tecnoloxías innovadoras, están marcando un antes e despois na transformación dixital de Galicia”.
En termos máis concretos, o proxecto consiste na xeorreferenciación e dixitalización do inmenso arquivo público de expedientes sobre as estradas galegas, que conteñen diversas informacións técnicas (coordenadas xeográficas, referencias catastrais, actuacións realizadas, etc). A previsión é que, unha vez rematado, tanto os funcionarios públicos como calquera cidadán, poidan consultar en tempo real todo tipo de información relacionada coas estradas.
No plano da sustentabilidade, Unayta destaca que esta iniciativa “implicará un aforro enerxético importante, xa que evita o uso do papel e materiais derivados”.
Ata o momento, a empresa xa dixitalizou máis de 180.000 expedientes, procesou 3,3 millóns de imaxes e indexou 1,3 millóns de documentos. “O encargo avanza a bo ritmo”, explican dende Unayta, sinalando que a previsión é lograr máis fitos nos vindeiros meses.
Con sede no Milladoiro (A Coruña), a firma conta cunha ampla experiencia en transformación dixital para administracións públicas, empresas privadas e organizacións do terceiro sector. Destaca en proxectos de dixitalización masiva, robotización de procesos e implantación de sistemas de xestión documental, entre outros. Esta colaboración innovadora coa Axencia Galega de Infraestruturas reafirma o seu compromiso coa oficina sen papel e a modernización sostible.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?