O Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL) celebra a vindeira semana un obradoiro sobre Dixitalización en enerxías renovables. Será o 28 de xaneiro. Nesta actividade exporase como a transformación tecnolóxica é un piar fundamental para maximizar o potencial das enerxías sustentables, transformando a planificación, a implementación e xestión de proxectos.
O Clúster lembra que tecnoloxías como a Internet das Cousas (IoT), o Big Data e a Intelixencia Artificial permiten unha supervisión en tempo real e un control máis preciso da xeración de enerxía. Isto optimiza a eficiencia operativa e mellora a capacidade de resposta ante variacións nas condicións climáticas e da demanda, fortalecendo a estabilidade e a fiabilidade das redes eléctricas, engade a agrupación empresarial, salientando tamén a dixitalización impulsa a innovación e fomenta a participación cidadá na transición enerxética.
Programa do evento
-Apertura do evento. Oriol Sarmiento Díez – CLUERGAL.
–Necesidades tecnolóxicas colectivas. Alberto Álvarez Quiroga – Innplica.
–Dixitalización de empresas de autoconsumo fotovoltaico a través de tecnoloxía avanzada. Julio E. Campo Macho – Pylon Data.
–Intelixencia Artificial para a protección de aves en parques eólicos. Laura Rodríguez Couce – Instra Ingenieros.
–Xestión avanzada de sistemas híbridos: casos de uso – Pablo Álvarez Rodríguez- ITG.
O obradoiro celébrase o martes 28 de xaneiro de 2025, dende as 09h00 ás 10h15, en formato híbrido, pódese seguir de maneira telemática ou na sede de CLUERGAL Os relatores conectaranse de maneira remota.
CLUERGAL achega unha xornada sobre os beneficios da dixitalización das renovables
Compartir Este Artigo

