
Nesta sexta edición, o xurado, composto por profesionais de Altia e da Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela, seleccionou os cinco Traballos Fin de Grao que optarán ao premio final de 1.500€, destacando a gran calidade dos proxectos presentados.
As mozas e os mozos finalistas son:
-Antía Varela Rey – Emobook. Evolución dunha aplicación de historias de vida para sesión de músico-terapia.
–Carla Pereira Iglesias – Estudio poboacional e de correlación en pacientes en rehabilitación cardíaca.
–Martín Omil Nogueiras – Os meus pictocontos: contos animados e interactivos para todo o mundo.
-Raúl José Salgado García – Prismatic: Aprendizaxe automática para segmentación de imaxe médica multimodal cardíaca.
-Uxía Carro Tacón – Periostage: aplicación para a anotación do periodontograma e cálculo do estadio da enfermidade periodontal.
Os proxectos finalistas serán presentados ante o xurado o 6 de febreiro de 2025.
O xurado da sexta edición dos Altia Premia anuncia os nomes das e dos finalistas
Compartir Este Artigo

