Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC reúne a expertos en astrofísica para compartir investigacións das ananas brancas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC reúne a expertos en astrofísica para compartir investigacións das ananas brancas

S. P.
Publicado: 24/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

expertos_astrofisica_citic_cit05624-1024x683.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu do 21 ao 23 de xaneiro a terceira reunión do Iberian White Dwarf Working Group, coordinado pola investigadora Minia Manteiga. Este evento reuniu a destacados expertos en astrofísica para debater e compartir os últimos avances na investigación sobre as ananas brancas, un tipo de estrela que representa o estado final da evolución de estrelas como o noso Sol.
Estas estrelas densas e extremadamente quentes son, en palabras do CITIC, “laboratorios naturais que permiten explorar procesos físicos extremos, achegando valiosa información sobre a estrutura e evolución do universo”.
Entre as persoas participantes atópanse expertas de prestixiosas institucións como a Universidade da Coruña, a Universitat Politècnica de Catalunya, a Universidade de Granada, a Universidade de Vigo, o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), o Centro de Estudos de Física do Cosmos de Aragón (CEFCA), o ICE-CSIC, e a Universidade Nacional da Prata, entre outras.
A Iberian White Dwarf Workshop (IWD) é un encontro profesional de astrofísicos e astrofísicas nacionais e do estranxeiro que investigan as últimas etapas da evolución das estrelas. A primeira destas reunións tivo lugar en 2023 en Barcelona, na Real Academia de las Artes y las Ciencias e o Institut de Ciències do Cosmos da Universitat de Barcelona (ICCUB). A segunda edición celebrouse o ano pasado en Madrid, no Centro de Astrobiología (CAB-INTA).
Este ano, o congreso celebrouse no CITIC, referente en técnicas e achados arredor da Intelixencia Artificial (IA) e a análise da información a gran escala (Big Data), ámbitos cada vez máis presentes e relevantes na investigación astrofísica. Por esta razón, a edición de 2025 contou, por primeira vez, cunha sesión destinada especificamente á aplicación da IA ao estudo das ananas brancas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?