Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R colabora de novo coa Fundación Celta de Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R colabora de novo coa Fundación Celta de Vigo

S. P.
Publicado: 24/01/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

renovacion_patrocinio_r_celta_integra_1.jpgA operadora galega R e a Fundación Celta de Vigo veñen de renovar o seu acordo de colaboración empresa-entidade na tenda R da rúa García Barbón de Vigo. Neste acto estiveron presentes o director da Fundación olívica, Germán Arteta, o director de R, Alfredo Ramos, e Alberto García, membro do Padroado da Fundación Celta, amais da presenza de xogadores e do corpo técnico do conxunto.
Así, R volve colaborar de xeito oficial co Celta Integra, que xoga en LaLiga Genuine, competición de equipos formados por persoas do colectivo D.I. (con Discapacidade Intelectual) e organizada por LaLiga.
Segundo Germán Arteta esta participación é fundamental para potenciar a visibilidade do noso proxecto e fortalecer iniciativas que promoven a inclusión e o desenvolvemento dos nosos xogadores.
Como colaborador do conxunto ata o remate da presente tempada 2024-25 de LaLigaGenuine, o logo de R estará presente no equipamento deportivo dos xogadores e do corpo técnico (manga dereita e peito das pezas), e figurará igualmente na web do equipo. O acordo referenda ese interese común da Fundación Celta e R por promover a mellora constante e o crecemento e adaptación social do conxunto e das persoas que o conforman.
Asemade, R dálle percorrido, acompañando ao Celta Integra, á súa inquietude pola colaboración social para contribuír á mellora de vida dos/as habitantes de Galicia a todos os niveis.
Para rematar dicir que o proxecto de LaLiga Genuine, que vincula fútbol e integración social, comezou a súa andaina da man de LaLiga hai sete tempadas. O campionato xógase na modalidade de Fútbol 8 (partidos de 4 partes de 10 minutos cada unha) e a tempada divídese en 4 fases, que se desenvolven en diferentes sedes.
Para que prime a deportividade na competición, onde participan conxuntos do colectivo D.I., os clubs contan con puntos que premian o xogo limpo, ademais da puntuación polos resultados deportivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?