Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En febreiro chega a 3ª edición do curso de Vitae sobre Microsoft Copilot para M365
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En febreiro chega a 3ª edición do curso de Vitae sobre Microsoft Copilot para M365

S. P.
Publicado: 28/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

copilot_microsoft_365_vitae_1.jpgAo abeiro do seu continuo labor formativo para profesionais tecnolóxicos de toda España, a consultora galega Vitae vai ofrecer en febreiro unha nova edición (a terceira) do seu curso Dominando Microsoft Copilot para M365, unha oportunidade para que os profesionais actualicen os seus coñecementos sobre unha ferramenta (Microsoft Copilot) que é xa un referente entre os asistentes persoais de IA.
O curso terá 7,5 horas de duración e ao longo deste tempo capacitarase aos asistentes nos segredos e posibilidades da dita solución de produtividade intelixente, poñendo o foco no potencial que ofrece na familia de ferramentas M365. Desenvolverase os días 18, 20 e 25 de febreiro.
Nun plano máis concreto, neste curso proporcionarase unha formación práctica e interactiva para integrar Copilot en ferramentas como Outlook, Teams, Excel Word, PowerPoint e Edge, maximizando as súas funcións máis avanzadas.
O curso foi concibido para “ver dunha maneira xeral Microsoft Copilot IA, e así poderemos ter unha idea acertada das posibilidades actuais desta ferramenta baseada en IA e a súa utilidade real”, explica Vitae.
Os obxectivos son axudarnos a dominar o uso da Intelixencia Artificial Xenerativa para crear, mellorar e xestionar contido nas aplicacións de Microsoft 365; explorar e utilizar as funcións avanzadas de Copilot en Outlook, Teams, Edge, Word, Excel, PowerPoint, etc; comprender como Copilot pode facilitar tarefas como xerar texto, traducir, resumir, reescribir, corrixir, analizar datos, visualizar información, xestionar tarefas, comunicarnos eficazmente, presentar ideas e navegar pola Rede; aumentar a nosa produtividade, creatividade e colaboración na nosa contorna laboral; e actualizar as nosas competencias dixitais incorporando as tecnoloxías emerxentes que nos permitirán centrarnos nas tarefas de maior impacto.
copilot_vitae.jpgO curso está dirixido a persoas usuarias de M365 ou administradores de M365, interesadas en mellorar os procesos e optimizar operacións dentro das súas organizacións.
Empregarase un enfoque eminentemente práctico, onde os conceptos teóricos preséntanse de maneira dinámica a través de exemplos desenvolvidos en tempo real pola instrutora durante as sesións.
Ademais, gravaranse as sesións para poder visualizalas de forma ilimitada unha vez rematadas.
A persoa encargada de impartir estes contidos será Selenia Blanco, grao en Psicoloxía, Mestrado en Psicoloxía Xeral Sanitaria e Mestrado en Recursos Humanos pola Universidade de Santiago de Compostela. Apaixonada das persoas e a tecnoloxía: máis de 8 anos traballando na xestión do talento, a innovación tecnolóxica e na optimización de procesos, combinando sempre unha visión estratéxica e habilidades prácticas na xestión e desenvolvemento de equipos multidisciplinarios. Selenia atesoura unha experiencia de máis de 7 anos na área de RR.HH. como técnica e como directora da División Tech. Recentemente responsabilizouse da xestión da área de Negocio de Intelligent Applications en Verne Tech, velando pola xestión do talento, do desenvolvemento do ciclo completo de proxectos e promovendo a innovación nas tecnoloxías propias do departamento: Power Platform, Intelixencia Artificial Xenerativa, Copilot e modernización de aplicacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?