Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant traballa nun proxecto europeo para a mellora do tratamento de feridas crónicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant traballa nun proxecto europeo para a mellora do tratamento de feridas crónicas

S. P.
Publicado: 29/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gradiant_icarewounds-2.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant está a traballar no proxecto IcareWounds, unha plataforma dixital de atención integrada que combina Intelixencia Artificial (IA) con tecnoloxías de eHealth para mellorar a xestión e tratamento das feridas crónicas de xeito personalizado e eficiente.
Deste xeito, o centro tecnolóxico levou a cabo unha análise exhaustiva dos procesos de coidado en España, Irlanda e Polonia para identificar as mellores prácticas no tratamento de feridas crónicas e deseñar un modelo de atención integrado, escalable e aplicable na UE.
Gradiant, que lidera o proxecto IcareWounds, e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), avanzaron nos últimos meses identificando as mellores prácticas no tratamento de feridas crónicas e deseñando un modelo aplicable na UE co obxectivo de mellorar o tratamento deste tipo de afeccións comúns e de difícil curación.
Este proxecto botaba a andar o pasado mes de maio, nel participan o consorcio formado por sete entidades de diferentes países da Unión Europea, e están a traballar no deseño dun modelo de atención estandarizado para a xestión de feridas crónicas, baseado na dixitalización e a IA. Nos primeiros meses, realizouse unha análise exhaustiva dos procesos de coidado en España, Irlanda e Polonia, países que servirán de base para os ensaios clínicos. Esta análise permitiu identificar as mellores prácticas no tratamento de feridas crónicas como úlceras por presión e pé diabético, o que levou ao deseño dun modelo de atención integrado, escalable e aplicable aos diferentes sistemas de saúde da Unión Europea.
Unha vez establecido o modelo de atención, déronse importantes pasos na creación dunha plataforma dixital que integrará tecnoloxía IA. Esta permitirá aos profesionais monitorizar o estado das feridas crónicas, achegando recomendacións personalizadas baseadas nas análises clínicas. Grazas á integración de tecnoloxías de eHealth, os sanitarios poderán realizar un seguimento máis detallado e eficiente de cada caso, o que facilitará a toma de decisións clínicas máis precisas.
Unha das principais innovacións é a personalización do tratamento para cada paciente. A plataforma dixital non só proporcionará recomendacións sobre o tratamento médico das feridas, senón tamén sobre outros factores cruciais para a curación, como a hixiene e a nutrición. Estes aspectos complementarios permitirán aos profesionais da saúde achegar un coidado integral que acelere a recuperación, evitando complicacións e mellorando a calidade de vida dos pacientes.
IcareWounds tamén avanzou na colaboración con profesionais da saúde e grupos de pacientes en España, Irlanda e Polonia para integrar coñecementos clínicos valiosos no deseño da solución.
As feridas crónicas representan unha carga significativa de custos e recursos para os sistemas sanitarios, e agárdase que a plataforma dixital acelere as curacións, reduza gastos médicos e melloren a calidade de vida dos pacientes. Asemade, cunha axeitada implementación poderíanse xerar aforros millonarios para os sistemas de saúde europeos, amais de mellorar a calidade de vida dos e das doentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?