Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Cultura Galega pon na Rede unha nova dixitalización da voz de Castelao
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Cultura Galega pon na Rede unha nova dixitalización da voz de Castelao

S. P.
Publicado: 31/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_fonopostal_1_.jpgO Consello da Cultura Galega (CCG) segue adiante co seu continuo traballo de reivindicación da figura de Castelao a través das novas ferramentas, coincidindo coa celebración do 75 cabodano do falecemento do escritor, ilustrador e político rianxeiro en Bos Aires. Este 31 de xaneiro o CCG puxo na Rede o que sería o único documento sonoro conservado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886- Bos Aires, 1950).
Trátase da mensaxe que o intelectual gravou en fonopostal na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea de Os vellos non deben de namorarse, no Teatro Solís de Montevideo o 8 de outubro de 1941 á que el non podía asistir. Esa gravación foi obxecto dunha nova dixitalización en decembro de 2024 e é, ata o momento, o único rexistro coñecido da voz de Castelao, segundo lembra o Consello da Cultura, que engadiu esta novidade ao especial posto marcha ao inicio deste ano en que se conmemora o 75 cabodano do intelectual.
“Apenas separados por un tabique non estou presente. Xa sei que as creacións do espírito non se adaptan á fronteiras da nación e que as obras de arte voan como os paxaros por enriba das fronteiras”, así comeza a gravación de Castelao que se fixo nun disco de lousa para a presentación da obra Os vellos non deben de namorarse en Montevideo. Na mensaxe reivindica que as obras de arte levan impresas o cuño dunha nacionalidade e define que “foi imaxinada para regalía do pobo galego”. A peza acompáñase dun texto do profesor do conservatorio superior de música de Vigo e membro do Arquivo Sonoro de Galicia, Xaime Estévez, que explica e contextualiza as fonopostais, que caracteriza como “un curioso procedemento promovido polo servizo de correos arxentino desa época”. As fonopostais foron moi populares en Arxentina a partir de 1939 e Estévez cita que, entre 1942 e 1943, circularon uns 200 mil discos a través deste sistema.
A representación que presenta Castelao estivo a cargo dun grupo de actores galegos integrantes da Compañía Galega Maruxa Villanueva, dirixida por Manuel Varela Buxán, quen contaron coa colaboración do intelectual ata no deseño da escenografía. Os actores que levaron adiante a estrea pertencían á emigración e foi a familia dun deles, a de Fernando Iglesias, “Tacholas” (Ourense, 1909 – Bos Aires, 1991), a que facilitou o depósito da “fonopostal” para o Arquivo Sonoro de Galicia e, polo tanto, para que formase parte do patrimonio cultural galego.
A principios deste mes de xaneiro o Consello da Cultura Galega puxo en marcha un espazo web no que se irán acubillando materiais que custodia a institución arredor da figura de Castelao. O primeiro deles foi A primeira estatua a Castelao: unha historia da Transición, que achegaba en liña documentación inédita sobre a primeira homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que tivo lugar en Rianxo, co gallo do 25º aniversario do seu pasamento.
Con este especial o CCG abre o apartado específico no seu web no que concentrará materiais sobre o intelectual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?