Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Scientific Videogames e Salitre Joyas gañan os XIX Premios AJE Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Scientific Videogames e Salitre Joyas gañan os XIX Premios AJE Vigo

S. P.
Publicado: 31/01/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_aje_2025-05.jpgA empresa Scientific Videogames, do Porriño, e Salitre Joyas, de Vigo, son os gañadores da 19ª edición do Premio Novo Empresario e Empresaria e Iniciativa Emprendedora, respectivamente; organizados por AJE Vigo.
Scientific Videogames é un proxecto innovador de Patricia Bondía que naceu en 2021 cando traballaba na súa tese doutoral en Biofísica e comezou a crear ilustracións e animacións para ilustrar a súa proposta. O xurado do certame valorou que hoxe en día a empresa é “referente en comunicación científica innovadora e na creación de videoxogos para achegar a ciencia á sociedade e estimular vocacións STEAM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) entre os máis novos, mediante a interactividade e as técnicas de gamificación. Desde O Porriño, Bondía e o seu equipo ofrecen solucións para centros de investigación como o Max Planck Institute, en Alemaña, ou a Universidade de Princeton, en EE UU.
premios_aje_2025-06.jpg Na categoría Iniciativa Emprendedora, a vencedora foi Salitre Joyas, unha marca galega de xoias en aceiro inoxidable posta en marcha por Iria Pereira e Lidia Estévez, en Vigo. O xurado salientou que a firma se ben comezou como un servizo de comercio electrónico de contado os seus responsables decidiron apostar tamén por venda física. Na actualidade teñen cinco tendas en Galicia, un total de 17 traballadores e contan cunha forte presenza online en toda España. A súa proposta de valor é a sustentabilidade e colaboran coa Fundación Ecomar.
Accésits
Dentro da categoría Mellor Empresario e Empresaria entregáronse dous accésits. O de Innovación para Vigsecdrone, unha empresa posta en marcha por Noelia Gil en 2019, na Lama, Pontevedra. O xurado enxalzou o potencial da compañía para “redefinir a seguridade, as emerxencias e as operacións estratéxicas empregando drons con tecnoloxía de vangarda e disruptiva”. Ofrecen formación de pilotos con experiencia recoñecida en misións internacionais e operacións de vehículos non tripulados de máis de 150 quilos. Ademais, son os creadores de Suite Acre, unha ferramenta tecnolóxica innovadora que permite o uso simultáneo baixo o mesmo espazo aéreo, de drons e areronaves tripuladas.
O segundo accésit, o de Responsabilidade Social Empresarial recaeu en Altitude, lecer e educación ambiental, un proxecto de Claudia Montes (Tui) que viu a luz en xaneiro de 2024. O xurado recoñeceu “a achega desta empresa ao medio natural e a súa implicación cos máis novos a través dos roteiros e xogos que desenvolve para escolares”.
Ademais, durante a gala entregouse o Premio Honorífico a Carlos Filgueira, xerente da empresa de venda de mobiliario de oficina Oftega. Con este galardón, AJE Vigo quixo recoñecer a achega de Filgueira á asociación xa que é o socio máis antigo de AJE Vigo e antigo presidente.
O acto, no que participaron preto de 100 persoas convidadas, celebrouse en Nigrán, na sede de Zona Franca en Porto do Molle. Contou coa presenza de numerosas autoridades entre as que se atopaban o alcalde desta localidade, Juan González; o conselleiro de Emprego, José González; a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez ou a delegada da Xunta de Galicia, Ana Ortiz, entre outras personalidades do mundo empresarial e social de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?