Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Volve o programa de inmersión lingüística presencial e dixital: 21 días co galego e+
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Volve o programa de inmersión lingüística presencial e dixital: 21 días co galego e+

S. P.
Publicado: 31/01/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20250131_valentin_colegio_francisco_vales_villamarin-07.jpgO programa de dinamización e inmersión lingüística impulsado pola Secretaría Xeral da Lingua a partir da experiencia exitosa da profesora Pilar Ponte do IES da Pobra, 21 días co galego e +, arrincou este venres 31 de xaneiro a súa sétima edición que ofrecerá obradoiros de regueifas, contacontos e actuacións musicais nos centros que participan. Así o avanzaron o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús M. Álvarez Bértolo, que destacaron “a importancia de impulsar propostas de lecer que animen á cativada a empregar o galego en diversas actividades dentro e fóra da escola”.
Segundo explicaron, nesta nova edición participarán unha decena de centros de Educación Infantil e Primaria das catro provincias, que, sumando alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos, inclúen un total de 3.990 persoas.
20250131_valentin_colegio_francisco_vales_villamarin-05.jpg O programa de dinamización, no que ademais da Secretaría da Lingua (Consellería de Cultura e Lingua) tamén colabora a Consellería de Educación e Ciencia, desenvolverase desde o 31 de xaneiro ata o 21 de febreiro, coincidindo o seu último día coa celebración do Día da Lingua Materna.
No acto de apertura, que acolleu o colexio Francisco Vales Villamarín de Betanzos, tamén participaron o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, así como representantes institucionais e o profesorado e alumnado do centro.
Ademais, os restantes nove centros adscritos ás actividades realizaron cadanseu acto de apertura.
20250131_valentin_colegio_francisco_vales_villamarin-04.jpg Baixo o lema Medrando en galego, elixido por segundo ano consecutivo, o alumnado dos colexios que toman parte no programa intensificarán a súa expresión en galego durante os 21 días que duran as actividades. Para potenciar o uso da lingua e como novidade nesta edición, os centros educativos contarán co obradoiro de regueifa impartido por Lupe Blanco, un contacontos a cargo de Celso Sanmartín e o espectáculo musical A voar de César Freirías Prado e a Cé Orquestra Pantasma.
De todas estas propostas quedará constancia nas redes sociais do programa e no blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa, onde se mostrarán as creacións e onde tamén se publicará durante tres fins de semana contido lúdico para que as familias continúen o labor iniciado nos centros.
20250131_valentin_colegio_francisco_vales_villamarin-02.jpgAdemais, 21 días co galego e + manterá a colaboración co programa Galicia por diante, da Radio Galega, onde terá unha sección diaria de luns a xoves, e co programa Dígocho eu!, da CRTVG, que terá encontros co alumnado dos 10 centros educativos.
O broche de ouro da edición porao de novo o III Encontro 21 días co galego e +, que reunirá o 25 de febreiro ao alumnado e profesorado de todos os centros participantes no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela para compartir, nunha sesión lúdica, as súas experiencias.
Centros voluntarios participantes
20250131_valentin_colegio_francisco_vales_villamarin-12.jpg Neste curso 2024/25 o programa desenvolverase nos colexios Francisco Vales Villamarín (Betanzos), Emilio González López (Cambre) e o Plurilingüe La Grande Obra de Atocha (A Coruña), na provincia da Coruña; no Albeiros e no Illa Verde en Lugo; no Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) e o Manuel Respino (A Rúa), na provincia de Ourense, e no Plurilingüe do Carballal (Marín), Plurilingüe de Sequelo (Marín) e no Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas), da provincia de Pontevedra.
Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no Instituto da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola Secretaría Xeral da Lingua e a el adhírense os centros educativos de xeito voluntario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?