O Concello da Coruña porá en marcha esta primeira semana de febreiro a súa oferta formativa do primeiro semestre do 2025 para persoas desempregadas, boa parte da cal estará centrada nas competencias dixital, ámbito que abrangue catro bloques de actividade.
“Desde o Goberno de Inés Rey queremos que a cidadanía se incorpore ao mercado laboral e por iso fomentamos diferentes cursos que permitirán ás persoas participantes adquirir coñecementos que lles farán máis doado optar a distintos traballos”, indicou Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados.
Para esta primeira metade do ano a oferta formativa municipal, que se impartirá no Centro Municipal de Emprego dos Rosales, conta cun total de 2.402 horas formativas, repartidas en 11 cursos diferentes, catro dos cales poñen o foco nas novas ferramentas e en adestrar ás persoas participantes en novas ferramentas tecnolóxicas, necesarias para a optimizar a súa empregabilidade. Hai un total de 165 prazas dispoñibles para a cidadanía. As persoas interesadas poden solicitar información a través da servizo municipal de Emprego.
Os cursos desenvolveranse entre o mes de febreiro e o mes de outubro, cunha duración que oscila entre as 30 e as 761 horas. Cada curso terá un máximo de 15 alumnos ou alumnas, o que permitirá unha maior especialización de cada un dos participantes/as. “Ofertamos cursos que teñen un gran valor para entrar rapidamente no mercado laboral, como son os relacionados coa construción, a hostalería ou a capacitación dixital”, apunta Diana Cabanas.
Para participar nos cursos de formación, cómpre pedir cita ao servizo de orientación laboral chamando ao 010 ou ao 981 184 399. Un servizo municipal de balde que, a través dun proceso de orientación persoal, selecciona os cursos que máis se axustan ao perfil da persoa interesada.
A Coruña ofrece catro bloques de formación dixital para persoas desempregadas
Compartir Este Artigo

